Skip to Content

blogue deprofe

XOGOS CAMIÑO DE SANTIAGO 1º-2º PRIMARIA

PULSA NA IMAXE E ACCEDE AO LIBRO DOS XOGOS TRADICIONAIS DE SEMENTA CAMIÑO

PLAN DE CONVIVENCIA

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021/22

Desde o 1 ata o 22 de marzo, ambos incluídos, estará aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión no noso centro para o curso 2021/22.

Que documentación hai que presentar?

  • Modelo de solicitude debidamente cuberto (ED550B).
  • Copia do libro de familia ou documentación acreditativa do requisito de idade do alumno/a (DNI, partida de nacemento, padrón municipal…).
  • No caso de optar a un curso de primaria, deberán achegar a certificación de matrícula do centro de procedencia (certificado oficial do expediente académico).
  • En caso de separación xudicial ou divorcio, presentarase unha copia do convenio regulador ou da resolución xudicial.

Como se pode presentar a solicitude?

  • Na secretaría do propio centro.
  • De xeito telemático, na aplicación “Admisión do alumnado”.  É imprescindible contar con certificado dixital ou a chave 365.

 No caso de optar pola presentación na secretaría do centro pódese obter o modelo de solicitude dos seguintes xeitos.

 

Prazas ofertadas en 4º de infantil: 50*


 * 6 destas prazas están disposición da comisión de escolarización para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (art. 3 da Orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15)

 

 Resumo do calendario do proceso de matrícula.

1 ó 22 de marzo de 2021 Presentación de solicitudes
25 de marzo a 9 de abril Presentación da documentación acreditativa en caso de ser necesaria a baremación.
Antes do 26 de abril Publicación no centro  da listaxe provisional de admitidos/as e non admitidos/as
Antes do 15 de maio

Publicación no centro das listaxes definitivas de admitido/as e non admitidos/as

Do 20 ao 30 de xuño Formalización da matrícula

 

CELEBREMOS A ROSALÍA!

O vindeiro mércores, 24 de febreiro, celebraremos o Día de Rosalía; festexando o aniversario do seu nacemento.

 

 

Dende o EDLG, imos propoñervos unha serie de contidos para que vos acheguedes á nosa autora máis recoñecida.

 

No seguinte enlace, podedes acceder a un Tik Tak Draw elaborado por unha alumna do Pio X de Ourense. Nel, podemos coñecer a biografía de Rosalía de Castro

 

https://www.youtube.com/watch?v=5sLT5qSVuWg

 

 

Neste outro, para alumnado de Infantil, podemos escoitar un dos seus poemas máis recoñecidos.

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=oA1a_HjhCd0

 

Ademais, dende o Portal da Lingua, compártennos un Genial.ly no que podemos aprender máis sobre a autora de Padrón e poñer a proba os nosos coñecementos.

 

 

https://view.genial.ly/5ff75e8bc217200ce77cc6d5

 

Ademais, nos ficheiros adxuntos, deixámosvos unhas unidades didácticas elaboradas polo Seminario Galán co que colabora o noso Centro.

 

Esperamos que vos sexa de axuda!

XOGOS RURAIS VASCOS

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria xa están listos para disputar os Xogos do Camiño de Santiago. Despois da preparación adestrando as Habilidades Motrices Básicas chegou o momento de coñecer, practicar e disfrutar cos xogos tradicionais das comunidades autónomas polas que pasa o Camiño do Norte de Santiago.

Na Xornada 1 practicaremos: Lokotk Bilketa, Zaku Erameta (Carreira de sacos), Carreira de Txingas (Carreira de pesas), Sokatira.

En ficheiros adxuntos podedes descargar esta ficha para colorear.

Actividade Ultreia: A RULETA DO CAMIÑO

PINCHA NA IMAXE DA RULETA DO CAMIÑO PARA ACCEDER AO XOGO

DÍA DA PAZ 2021

DÍA DA PAZ 2021

"O exceso de consumo ten repercusións noutras partes do mundo" 

5 AL DÍA. FRUTAS Y VERDURAS

Distribuir contido


by Dr. Radut