Skip to Content

blogue deprofe

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 6º

GRADUACIÓN 6ºEP

Os rapazes e rapazas de 6º rematan a súa etapa no colexio para iniciar unha nova no instituto.

Sodes un grupo de rapaces e rapazas activos, participativos e sempre dispostos, polo que desexamos de todo corazón que este colexio deixara en cada un de vós a mesma pegada que vós deixade aquí.

Desexámovos o mellor no que está por vir.

 

FESTEXANDO!

Proxectos 6ºA Terceiro Trimestre

BO VERÁN!!!!

As nenas, os nenos, o profesorado e todas as persoas que estamos día a día no colexio queremos agradecer o esforzo realizado para superar este curso tan excepcional e desexarvos un BO VERÁN!!!!!!

 

PARABÉNS E SORTE!!!

Outra promoción máis que remata a súa etapa neste colexio e coma todas é especial e única.

Sodes un grupo de rapaces e rapazas activos, participativos e sempre dispostos, polo que desexamos de todo corazón que este colexio deixara en cada un de vós a mesma pegada que vós deixade aquí.

Os mestres e mestras de 6º queremos despedirnos con este pequeno vídeo.

Que cos vosos valores, o voso traballo e bo facer  fagades desta unha sociedade mellor.

 

SOLPOR FIN DO CAMIÑO

14 DE XUÑO: DÍA DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS

Hoxe, día 14 de xuño, celebramos o Día das Linguas de Signos Españolas.

 

Esta data escóllese porque conmemora o aniversario da creación da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) no ano 1936.

 

Dende o ano 2007, no que se promulgou a Lei 27/ 2007 de 23 de outubro, recoñécese que no noso país hai dúas linguas de signos oficiais: a LSE (Lingua de Signos Española) e a LSC (Lingua de Signos Catalana).

 

O lema proposto para celebrar este ano é “E TI POR QUÉ SIGNAS?”

 

No cole festexamos esta data e desenvolvemos diversas actividades.

 

 

Polo Camiño que fixemos tantas veces, incluímos verbos relativos ao que fixemos ao camiñar: aprender, compartir...

 

 

 

 

 

Nesta sopa de letras, buscamos o lema deste ano.

 

 

Esta é unha pequena escolma de material da nosa Biblioteca relacionado coa LSE.

 

 

E, aproveitando esta data, o alumnado de 3º A de Primaria, preséntase:

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=Q1lDbQaplxk

A MULLER NO CAMIÑO DE SANTIAGO

A muller no camiño de Santiago: parte do recorrido da milla diaria fíxose polo interior do colexio, onde se instalaron os nomes de mulleres galegas importantes na historia. Ao mesmo tempo esa semana fixeronse unhas charlas onde as protagonistas foron mulleres que nos falaron de hábitos saudables, alimentación, hixiene, descanso e exercicio físico. 

    • Charla de Tamara Pazos: https://www.instagram.com/p/CL33ueMDJA6/?utm_source=ig_web_copy_link

    • Charla con Mónica Vilar: https://www.instagram.com/p/CMFFBaADXCx/?utm_source=ig_web_copy_link 

    • Charla con mamá de Antía (1ºB): https://www.instagram.com/p/CMS4ENhD-YS/?utm_source=ig_web_copy_link

Coruña 30

Distribuir contido


by Dr. Radut