Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2021 - 2022
loli — Dom, 05/09/2021 - 22:36
Día 9 de setembro: Comezo das clases para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.
O horario será o habitual de 9 a 14 horas (agás 4º de E. Infantil que estará co período de adaptación) tendo en conta as seguintes consideracións especias relativas á organización deste curso escolar no que:
-
Como no curso anterior, as familias non poderán entrar no centro nin permanecer nel (agás os grupos de Educación Infantil e, o primeiro día no caso de 1º de primaria e, en calquera dos casos, só un membro do núcleo familiar). Se teñen que recoller ao seu fillo/a deberán avisar con antelación mediante unha chamada telefónica ao centro ou, a través, do correo electrónico.
-
Alumnado de E. Primaria:entrará só no centro entre as 8:55 e as 9:05 h.
-
Alumnado de E. Infantil: Entrará no centro, acompañado dun só familiar entre as 9:00 e as 9:10 h.
-
As saídas realizaranse entre as 13:45 e as 14:00 h.
-
As familias deberán asinar a declaración xurada onde se comprometen a non enviar ao seu/súa fillo/a ao centro con síntomas compatibles coa COVID 19. No adxunto atopará á declaración xurada.
-
ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO. PREMA AQUÍ PARA ACCEDER AO DOCUMENTO.
-
Servizo de comedor e madrugadores. O servizo de xantar funcionará dende o día 9 de setembro e o servizo de madrugadores dende o día 10 de setembro. A listaxe de alumnado admitido nestes servizos está exposta no taboleiro que hai na entrada do edifico principal. O centro non responde a chamadas de teléfono para informar desta listaxe.
-
Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19, curso 2021-2022
Instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021/2022
loli — Mér, 01/09/2021 - 10:10
Xúntase a Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021/22.
Protocolo de Adaptación ao Contexto Covid - 19. Curso 2021 - 2022
loli — Mér, 01/09/2021 - 10:08
Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022 aprobado no Comité Clínico do 06 de xullo de 2021 para dar resposta ás medidas e particularidades establecidas na Orde Comunicada da ministra de sanidade, de 4 de xuño de 2021, mediante a que se aproba, en coordinación coa conferencia sectorial de educación, a declaración de actuacións coordinadas en saúde Pública fronte á Covid-19 para centros educativos durante o curso 2021-2022 que entrarán en vigor unha vez remate o curso escolar 2020-2021.
PERÍODO DE ADAPTACIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL. CURSO 2021 - 2022
loli — Lun, 23/08/2021 - 15:22
PERIODO DE ADAPTACIÓN PARA O CURSO 2021-2022
Segundo a Orde do 19 de maio de 2021, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021-2022 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na comunidade Autónoma de Galicia, o período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro non se poderá prolongar máis de 8 días lectivos dende o inicio do curso escolar. Dito período servirá para facilitar o paso do neno/a dun espazo familiar e coñecido ao espazo escolar, conseguindo así unha adaptación axeitada para o seu correcto desenvolvemento. Por este motivo, durante estes primeiros días, faremos unha incorporación progresiva dos nenos e nenas cun horario reducido e flexible.
Para a confección dos grupos do período de adaptación, seguiuse estrita orde alfabética.No documento adxunto atoparedes en que grupo e horario estades asignados.
Libros de texto para o curso 2021 - 2022
loli — Lun, 05/07/2021 - 12:33
Aquí poden consultar o listado de libros de texto aprobados para o curso 2021 - 2022.
Como poden comprobar en algúns cursos elimináronse libros e, outros, son cedidos pola propia editorial (Inglés de 4º). Polo tanto, deben mercar só aqueles que aparezan na listaxe.
En 2º de Educación Primaria hai un erro nos libros de lingua inglesa. Non son os que aparecen no listado; deberían ser All About Us 2 Class Book Pack e All About Us Activity Book.
Tamén poden acceder aos materiais escolares para Educación Infantil.
CALENDARIO ESCOLAR 2021 - 2022
loli — Mar, 15/06/2021 - 22:41
ORDE do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/2022 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
- O día de Rosalía (24 de febreiro) pasa a formar parte das datas de conmemoración nas aulas galegas.
- O período de adaptación en Infantil non será voluntario para as familias e serán as mestras e mestres quen decidan, como viña sendo até agora. Esténdense como máximo até o día 21 de setembro.
- O calendario quédase en 175 días lectivos. O comezo do curso en primaria queda fixado no día 9 de setembro e as vacacións de Nadal parten do día 22, que non será lectivo.
-
11 de outubro: Día do Ensino
-
5 de outubro e 16 de maio: días de libre disposición do centro educativo.
FONDO LIBROS. CURSO 2021 - 2022. PRAZOS
loli — Mar, 15/06/2021 - 22:05
FONDO LIBROS. CURSO 2021 - 2022
PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL :
6 DE XULLO
RECLAMACIÓNS Á LISTAXE PROVISIONAL:
7 e 8 de XULLO
PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA:
9 DE XULLO
ENTREGA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO, DE VALES E DE MATERIAL para os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de PRIMARIA:
Primeira semana lectiva do mes de SETEMBRO.
ENTREGA DE VALES de LIBROS e de MATERIAL para 1º e 2º de Educación Primaria:
os días 13 e 14 de XULLO en horario de 10:00 h a 13:00 na Secretaria do centro educativo.
As familias que non recollan o vale nestas datas terán que esperar ao mes de setembro para recollelo na Secretaría do centro educativo.
Matricula do novo alumnado. Curso 2021 - 2022
loli — Lun, 07/06/2021 - 09:04
Prazo: 20 ao 30 de xuño
Documentación necesaria para formalizar a matrícula. (Ler no enlace)
1- Documento de formalización da matrícula.
2- Impreso para formalización de matrícula. Anexo I.
3- Opción sobre o ensino da Relixión
4- Autorización para o uso da imaxe persoal do alumnado.
5. Autorización para as saídas complementarias e extraescolares
6- Cuestionario para as familias sobre a lingua materna (só o alumnado de 3 anos).
As familias do novo alumnado tamén poden obter a documentación para formalizar a matrícula na secretaría do centro.
RESERVA DE PRAZA NO COMEDOR ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2021/2022
loli — Xov, 03/06/2021 - 11:16
Prazo de solicitude de reserva de praza:
- Modalidade telemática: ata o 30 de xuño (Debido á pandemia e a temas de organización, recomendamos entregar a solicitude telemáticamente no rexistro electrónico do Concello de Lugo)
- Modalidade presencial: ata o 22 de xuño (no propio comedor escolar). Tamén se pode presentar de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros que establece a Lei 39/2015 (neste último caso o prazo sería ata o 30 de xuño)
Achégase a seguinte documentación:
Información sobre o proceso de reserva de praza (Solicitamos que lean a información detalladamente)
Declaración responsable de composición da unidade familiar
FONDO SOLIDARIO. AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2021/2022
loli — Xov, 20/05/2021 - 11:14
Normativa: Orde do 6 de maio de 2021 (DOG 20/05/2021)
Destinatarios: alumnado que no curso 2021/2022 estude en Educación Primaria ou ESO
Prazo de presentación de solicitudes: 21 de maio ao 22 de xuño (ambos incluídos)
Lugar de presentación: Na secretaría do centro ou por vía electrónica empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galica (https://sede.xunta.gal)
Achégase a seguinte documentación:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »