Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
CALENDARIO ESCOLAR 2022 - 2023
loli — Xov, 15/09/2022 - 09:04
CALENDARIO ESCOLAR 2022/2023
ACTIVIDADES LECTIVAS DO CURSO ESCOLAR 2022/2023
-As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.
-As actividades lectivas nas ensinanzas de réxime especial realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 30 de xuño de 2023, ambos inclusive.
VACACIÓNS ESCOLARES :
– NADAL: desde o día 23 de decembro de 2022 ata o día 6 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.
– ENTROIDO: os días 20, 21 e 22 de febreiro de 2023.
– SEMANA SANTA: desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.
- DÍA DO ENSINO: 31 de outubro de 2022.
Día de libre disposición escollido polo centro educativo: 2 de maio.
Instrucións conxuntas ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023
loli — Mér, 07/09/2022 - 12:50
INICIO CURSO ESCOLAR 2022 - 2023
loli — Mar, 06/09/2022 - 13:18
- As clases iniciaranse o día 8 para todos os cursos de Educación Infantil e Educación Primaria, agás 4º de Educación Infantil que están co período de adaptación, en horario continuo de 9:00 a 14:00.
- O alumnado de 1º, 2º, 3º de primaria teñen á entrada e a saída por Rúa Cambria. As familias do alumnado de 1º de primaria poderán entrar acompañando aos seus fillos e fillas ata a súa aula e alí serán atendidas polas mestras titoras. Non se trata dunha reunión formal senón de que coñezan a ubicación e saiban que grupo lles corresponde.
- O alumnado de 4º, 5º e 6º teñen a entrada e a saída por Marina Española.
- O alumnado de Educación Infantil será recibido polas titoras o primeiro día para indicarlles a que aula vai cada curso.
- O comedor empezará a funcionar con servizo de comida o mesmo día 8. O servizo de almorzo comezará ao día seguinte.
- Os libros do alumnado de 3º e 4º de primaria serán entregados polos titores/titoras nos primeiros días do curso.
- As familias poderedes entrar libremente dentro do recinto escolar para traer ou recoller aos alumnos/as.
INFORMACIÓN COMEDOR ESCOLAR
loli — Ven, 02/09/2022 - 12:36
Comezamos un novo curso, e para comedores escolares xestionados polo Concello, seguirá a empresa que viña actuando os últimos anos, co concurso recentemente adxudicado por outro ano, con posibilidade de prórroga ata máximo outros 5 cursos. O servizo seguirá funcionando de forma similar a como o veu facendo os últimos cursos. A modo informativo, como novidade para os papás, e por esixencias do contrato, as inscricións para os comedores xa non se farán en papel, e posterior rexistro na administración.
Farase a través dunha APP, denominada COLECHEF, que poden descargar as familias en APP Store para dispositivos IOS ou en PLAY Store para dispositivos Android.
No cartel que está nos centros vai un código QR que enlaza directamente coa descarga. Na propia aplicación poderán as familias inscribir aos seus fillos, aos servizos que xestionamos, e realizar na mesma, todas as modificacións e avisos diarios que consideren. Igualmente tamén poderán ver os menús mensuais na APP. Tamén estará dispoñible o correo electrónico comedoreslugo@alimentacionsaludablegallega.net (cambia a terminación, con respecto ao curso pasado, que era .com e pasará a ser .net)
A información igualmente está subida na web municipal na seguinte ligazón
https://concellodelugo.gal/é/actuacións/servizo-municipal-de-comedores-escolares
LIBROS DE TEXTO. CURSO 2022 - 2023
loli — Ven, 01/07/2022 - 11:51
LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2022 - 2023 (consultar os documentos adxuntos)
PERÍODO DE ADAPTACIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL
loli — Ven, 01/07/2022 - 11:49
Segundo a Orde de 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/2023 nos centros docentes sostidos na comunidade autónoma de Galicia, o período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro non se poderá prolongar máis do 16 de setembro. Dito período servirá para facilitar o paso da nena/neno dun espazo familiar e coñecido ao espazo escolar, conseguindo así unha adaptación axeitada para o seu correcto desenvolvemento. Por este motivo durante os primeiros días, farase unha incorporación progresiva do alumnado cun horario reducido e flexible.
Para a confección dos grupos seguiuse a orde alfabética e poderedes consultar os grupos e as datas nos ANEXOS.
FONDO SOLIDARIO: lista provisional, definitiva e datas de entrega
loli — Dom, 19/06/2022 - 13:15
- FONDO LIBROS
- Publicación listaxe provisional: 4 xullo no taboleiro da secretaría do centro.
- Reclamación á listaxe provisional: 5 e 6 de xullo na secretaría do centro.
- Publicación listaxe definitiva: 7 xullo no taboleiro da secretaría do centro.
ENTREGA DE LIBROS DE FONDO LIBROS: Na primeira semana lectiva de setembro.
AXUDA DE LIBROS E MATERIAL
- Entrega de vales de libros de texto e de matenal: 7 e 8 de xullo de 10:00 a 13:30 (as familias que non recollan os vales nestas datas terán que esperar a setembro para recollelo).
Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación FONDOLIBROS, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.
MATRICULA NOVO ALUMNADO. CURSO 2022/2023
loli — Dom, 19/06/2022 - 09:45
Prazo: 20 ao 30 de xuño
Documentación para formalizar a matrícula. Ver Anexos.
As familias do novo alumnado poden obter a documentación para formalizar a matrícula na secretaría do centro, ou ben, descargar os documentos dende os Anexos.
MATRÍCULA COMEDOR ESCOLAR 2022/2023
loli — Dom, 19/06/2022 - 09:15
Dende o Concellería de Educación do Concello de Lugo, e a empresa concesionaria dos servizos de xantar e madrugadores, informannos que todas as persoas interesadas en reservar praza no servizo de madrugadores ou comedor para o vindeiro curso, terán na web municipal
http://concellodelugo.gal/es/actuaciones/servicio-municipal-de-comedores-escolares
toda a información relativa para o proceso de inscrición a partir de mediados do mes de xulio, ata o 20 de agosto, para aqueles usuarios que queiran empezar no mes de setembro. Os usuarios que queiran comezar calquera outro mes bastará con darse de alta antes do día 22 do mes anterior.
AXUDAS CONCELLO DE LUGO DE MATERIAL ESCOLAR PARA O SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL. CURSO 2022/2023
loli — Sáb, 11/06/2022 - 23:00
Prazo de presentación: 1 ao 21 de xuño
Lugar de presentación: Rexistro do Concello de Lugo ou nos outros lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »