Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
INICIO CURSO ESCOLAR 2022 - 2023
loli — Mar, 06/09/2022 - 13:18
- As clases iniciaranse o día 8 para todos os cursos de Educación Infantil e Educación Primaria, agás 4º de Educación Infantil que están co período de adaptación, en horario continuo de 9:00 a 14:00.
- O alumnado de 1º, 2º, 3º de primaria teñen á entrada e a saída por Rúa Cambria. As familias do alumnado de 1º de primaria poderán entrar acompañando aos seus fillos e fillas ata a súa aula e alí serán atendidas polas mestras titoras. Non se trata dunha reunión formal senón de que coñezan a ubicación e saiban que grupo lles corresponde.
- O alumnado de 4º, 5º e 6º teñen a entrada e a saída por Marina Española.
- O alumnado de Educación Infantil será recibido polas titoras o primeiro día para indicarlles a que aula vai cada curso.
- O comedor empezará a funcionar con servizo de comida o mesmo día 8. O servizo de almorzo comezará ao día seguinte.
- Os libros do alumnado de 3º e 4º de primaria serán entregados polos titores/titoras nos primeiros días do curso.
- As familias poderedes entrar libremente dentro do recinto escolar para traer ou recoller aos alumnos/as.