Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
DATAS COMEZO DAS CLASES. CURSO 2020 - 2021
loli — Lun, 07/09/2020 - 23:13
- Día 10 de setembro: Comezo das clases para 4º Infantil, 5º Infantil , 1º, 2º e 3º de E. Primaria.
- Día 11 de setembro: Comezo das clases para 6º Infantil e 4º, 5º e 6º de E. Primaria.
TODO O ALUMNADO DE E. PRIMARIA DEBERÁ ACUDIR AO CENTRO CON MÁSCARA.
ADEMAIS DEBERÁ TRAER OUTRA MÁSCARA DE REPOSTO NUNHA BOLSA OU ESTOXO.
AS DÚAS MÁSCARAS TEÑEN QUE TRAER O NOME DO NENO/A.
Os horarios (agás 4º de E. Infantil que estará co período de adaptación) teñen en conta as seguintes consideracións especiais relativas á organización deste curso escolar no que:
- As entradas e saídas durante este curso escolar (ou mentres a situación así o requira) realizaranse de forma escalonada.
- Nas entradas o alumnado formará filas para entrar nas aulas nos espazos habilitados para cada curso.
- Alumnado de E. Primaria: entrará só no centro entre as 8:45 e as 9:00 h (segundo o horario que figura no protocolo). As familias non poderán acceder ao recinto escolar, agás o alumnado de 1º de primaria que, ao ser o primeiro día de clase, poderá ser acompañado á entrada principal por un só adulto.
- Alumnado de E. infantil: Entrará no centro, acompañado dun só familiar entre as 9:00 e as 9:20h (segundo o horario que figura no protocolo)
- As saídas realizaranse escalonadas entre as 13:45 e as 14:00 h. Cada curso terá unha hora e unha porta específica de saída.
POLA SEGURIDADE DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PEDIMOS A TODAS AS FAMILIAS QUE RESPECTEN OS HORARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS QUE FIGURAN NO PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN Á COVID - 19
A PUNTUALIDADE DE TODOS XOGA UN PAPEL IMPORTANTE NESTA SITUACIÓN.
Dada a imposibilidade da organización do comedor para o día 10 de setembro
NON HABERÁ SERVIZO DE ALMORZO NIN DE XANTAR ATA O DÍA 14 DE SETEMBRO.
GUIA PARA AS FAMILIAS PROTOCOLOS COVID - 19
loli — Lun, 07/09/2020 - 13:44
Para facilitarvos a ardua tarefa de ler o Protocolo de Adaptación ao Contexto Covid, elaboramos un pequeno documento guía para as familias, cos horarios de entrada e saída dos diferentes cursos, días de inicio das clases, asignación de recreos, aseos, normas de aula... etc, deste complicado curso que se nos avecina.
Recordade que as reunións de pais/nais/titores legais, NUNCA, poden ser presenciais, alomenos, mentres sigamos na situación epidemiolóxica actual. Lembrade que as familias non podedes entrar no centro, nin permanecer nel. Todas as medidas que está tomando o centro educativo fanse para protexer aos vosos fillos/as, ás familias e, por suposto, ao persoal docente e non docente do centro educativo.
Estamos ante un curso diferente, moi complicado e, polo tanto, debemos cumprir estrictamente os protocolos e ser exemplarizantes para os nosos alumnos/as, é dicir, para os vosos fillos e fillas. Polo tanto, solicitamos das familias colaboración, comprensión e empatía para facilitar o traballo do centro escolar.
GUÍA FAMILIAS PROTOCOLO COVID - 19
MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE FAMILIAS
Listaxe material escolar para o curso 2020 - 2021
loli — Ven, 04/09/2020 - 12:55
Segundo a Actualización do Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/2021, o alumnado de educación primaria ten a obriga de usar máscaras durante toda a xornada lectiva en todos os espazos do centro educativo, ademais de acudir cunha segunda máscara de recambio así coma un estoxo específico para gardala en caso necesario, como por exemplo no momento de comer.
Por todo o anterior, o alumnado de Educación Primaria ademais de adquirir o material correspondente ao seu curso, deberá acudir ao Centro con máscara, un estoxo para gardala (saco de tea, sobre papel, bolsa papel...) e unha segunda máscara de recambio cada día. Para o alumnado de Educación Infantil esta circunstancia considerase moi recomendable, pero, non obrigatoria.
Lémbrase que este curso o alumnado non compartirá material de uso propio con ningún dos seus /súas compañeiros/as, e solicitamos ás familias que todo o material veña identificado co nome do alumno/a.
A medida que o profesorado titor/a/especialista nos vaia comunicando que material necesita o alumnado de cada curso, irase colgando nesta mesma entrada da páxina web.
Período de Adaptación en Educación Infantil. Curso 2020 - 2021
loli — Ven, 04/09/2020 - 12:42
Debido ás circunstancias excepcionais derivadas da situación epidemiolóxica que estamos a vivir as reunións escolares de principios de curso non se van poder celebrar, alomenos, de momento. Avisaremos, para facelas de xeito presencial, cando isto sexa posible.
PERÍODO DE ADAPTACIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL (información). Segundo a Orde do 25 de xuño de 3020, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020 - 2021 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na comunidade Autónoma de Galicia, o período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro poderase prolongar, de forma excepcional este curso escolar, ata o 30 de setembro de 2020.
Dito período servirá para facilitar o paso do neno/a dun espazo familiar e coñecido ao espazo escolar, conseguindo así unha adaptación axeitada para o seu correcto desenvolvemento. Por este motivo, durante estos primeiros días, faremos unha incorporación progresiva das nenas e nenos cun horario reducido e flexible.
(Consulta da listaxe nos Anexos).
INFORMACIÓN CURSO 2020 - 2021
loli — Xov, 03/09/2020 - 22:57
Proximamente, publícaranse na páxina web, as datas e horarios do comezo das clases deste curso 2020 - 2021, así como o Plan de Adaptación COVID 19 do noso centro.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional publicou unha nova ACTUALIZACIÓN, que parece ser a definitiva, DO PROTOCOLO DO 22 DE XULLO DE 2020 de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/2021. Poden consultalo neste ENLACE.
OUTRAS NOVAS
As listaxes de usuarios admitidos nos servizos de madrugadores (almorzo) e comedor (xantar) para o mes de setembro de 2020 poden consultarse chamando ao Concello, á empresa que oferta o servizo, ou ben, na porta de acceso ao centro educativo pola Rúa Cambria. Recordarlle ás familias que o centro educativo non xestiona o servizo de comedor.
NOTA INFORMATIVA COMEDOR ESCOLAR
Solicitude de axuda para material escolar no segundo ciclo de educación infantil, curso 2020-2021
loli — Xov, 03/09/2020 - 12:38
EDUCACIÓN INFANTIL. AXUDA DO CONCELLO DE LUGO PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/2021
Axuda do Concello de Lugo para material escolar destinada ao alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil. Prema aquí.
Prazo de presentación: Prorrogada ata o 15 de setembro
Lugar de presentación: rexistros administrativos que establece a Lei 39/2015 e a través da sede electrónica do Concello de Lugo.
FONDO SOLIDARIO. AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2020 - 2021
loli — Xov, 02/07/2020 - 10:25
FONDO LIBROS. CURSO 2020 - 2021
- Publicación da listaxe provisional: 6 de xullo
- Reclamación á listaxe provisional: 7 e 8 de xullo
- Publicación da listaxe definitiva: 9 de xullo
- Entrega de libros do fondo solidario: na primeira semana lectiva do mes de setembro
AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL. CURSO 2020 - 2021
- Entrega de vales de libros de texto e material ( 1º e 2º de educación primaria): venres, 10 e, luns, 13 do mes de xullo. As familias que non pasen polos vales nesas datas, terán que esperar ata setembro para poder recollelos.
Listaxes libros de texto para o vindeiro curso 2020-2021
loli — Mér, 24/06/2020 - 18:04
Nos arquivos adxuntos poden ver a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020 - 2021.
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO. CURSO 2020/2021
loli — Ven, 19/06/2020 - 10:47
As listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido están expostas no taboleiro interior do centro (administración) dende o día 18 de xuño ás 14:00 h. As familias poden acceder a listaxe de xeito non presencial a través da aplicación admisión alumnado empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica de Moeda e Timbre.
INSCRICIÓN COMEDOR/ALMORZO CONCELLO DE LUGO. Curso 2020 - 2021
loli — Mér, 17/06/2020 - 12:47
Ábrese o prazo para a INSCRICIÓN nos servizos da escola aberta (comedor e / ou almorzo) do Concello de Lugo. Nos adxuntos teñen os procedementos e condicións de admisión para o vindeiro curso. Están a levarse a cabo protocolos de acción seguindo as últimas indicacións das autoridades sanitarias, que serán dinámicas e acordes coas últimas indicacións emitidas. Adxúntase folla informativa, así como os ficheiros, tanto para o rexistro (para usuarios novos ou antigos que necesiten modificar datos), como para a renovación (usuarios que xa se rexistraron no servizo e gardan os mesmos datos persoais (nome, enderezo) , teléfonos, correo electrónico, IBAN, etc.)
Tamén se lles informa que se reenviará un correo similar a tódolos usuarios que entregaron a ficha nos últimos dous anos, e especificaron nela correo electrónico.
Como todos os anos, as follas deben entregarse no rexistro (ben por vía electrónica ou persoalmente, solicitando cita no 010)
O prazo para presentar as solicitudes é entre o 15 de xuño e o 31 de xullo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »