Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2019/2020
loli — Lun, 04/02/2019 - 09:52
1ª FASE: SOLICITUDES DE RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (1-15 de febreiro)
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 1 de febreiro de 2019 inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. (alumnado que cursa 6º de primaria)
• Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar no seu centro de adscrición, deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar.
• Esta solicitude poderán efectuala mediante un formulario normalizado, dun dos seguintes xeitos:
a) Entregando no centro solicitado en primeiro lugar o Anexo I, que pode recoller gratuitamente no centro ou ben descargar dende a páxina web da Consellería: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ED550AG.01.pdf
b) A través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
c) A través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
• A reserva adquirirá carácter vinculante polo que, se o/a alumno/a resultase admitido/a, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.
• A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
• A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade.
NADAL 2018
loli — Mar, 08/01/2019 - 20:40
Como sabedes todos os cursos facemos o Concurso de Postais de Nadal, elixindo unha para felicitar ás familias, as autoridades educativas e a outras bibliotecas. De entre todas as presentadas que, foron moitas e moi bonitas, o que cada vez fai mais difícil a elección, saiu unha combinación de dúas elaboradas por Antía Roibás de 3º B e Sabela Recamán de 5º A.
Noraboa a ambas!!
A Biblioteca, tamén elaborou unha GUÍA DE LECTURAS DE NADAL
Desta e das outras actividades realizadas tendes unha cumprida mostra tanto na páxina web da Biblioteca como no noso facebook
RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2018
loli — Ven, 02/11/2018 - 14:07
-
Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para Resolución do 25 de setembro de 2018, a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
-
O obxecto desta disposición é fixar as datas para a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar, así como ditar instrucións para o seu desenvolvemento.
-
A organización e supervisión deste procedemento de elección, regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, correspóndelle á Xunta Electoral que estará constituída polo director do centro, un mestre ou mestra, un pai, nai ou titor/a legal e un representante do persoal de administración e servizos; designados os tres últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes.
-
Este sorteo celebrouse o día 2 de novembro ás 10:00 horas, na secretaria do centro, para logo constituírse a xunta electoral o día 6 de novembro, ás 16:15 h na sala de xuntas do centro educativo.
-
De conformidade co establecido no artigo 31 b) do Decreto 92/1988, do 28 de abril, é competencia da xunta electoral concretar o calendario electoral.
- Circular informativa para as familias sobre o proceso de renovación parcial do Consello Escolar (Ver Anexo)
- Acta proclamación de candidatos/as ao Consello Escolar
- Calendario para a renovación parcial dos membros dos consellos escolares, curso 2018 - 2019 (Ver Anexo)
- Acta de reunión da Xunta Electoral (Ver Anexo)
- Proclamación candidatos/as, sector pais/nais-titores, titoras legais (Ver Anexo)
O período de adaptación en Educación Infantil
loli — Dom, 09/09/2018 - 20:09
O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro, terá a mínima duración posible que permita conseguir os seus obxectivos e, en todo caso, non se poderá prolongar máis de 10 días lectivos desde a data de inicio das clases. (Capítulo VI do anexo á Orde do 22 de xullo de 1997 e Orde do 25 de xuño de 2009 )
O período de adaptación é o intervalo temporal que o alumnado precisa para asimilar os cambios producidos na súa vida, contorno e ambiente ao incorporárense ao centro escolar, é dicir, ao pasar dun ambiente que coñecen e dominan a outro descoñecido e que, en moitos casos, vai supoñer tamén a primeira separación das figuras de apego
Preme na imaxe e poderás descargar a publicación: O proceso de adaptación de Educación Infantil. E ti...vas á escola?
INICIO CURSO ESCOLAR 2018/19
loli — Xov, 06/09/2018 - 12:45
Alumnado de 5º e 6º de E. Infantil e E. Primaria: As clases comezarán o 12 de setembro de 9:00 a 14:00 horas
Alumnado de 3 anos: período de adaptación. (ver ANEXOS)
ENTRADAS E SAÍDAS
1º, 2º e 3º de E. Primaria: Entrarán pola porta dianteira principal de Rúa Cambria.
4º , 5º e 6º de E. Primaria: Entrada pola parte de atrás do edificio principal, porta de Marina Española
SERVIZOS DO CENTRO
Como todos os anos, o centro dispón de servizo de comedor (almorzo e xantar). Pódese facer uso do servizo do comedor todos os días, en días fixos á semana ou en días esporádicos.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
O centro oferta actividades extraescolares gratuitas subvencionadas polo Concello de Lugo e actividades non gratuitas organizadas pola ANPA.
As actividades extraescolares comezarán no mes de outubro e realizaranse en horario de 16:00 a 18:00 de luns a venres. Informaramos do horario de cada actividade.
INFORMACION XERAL DO CENTRO
As circulares informativas serán enviadas ás familias a través dos seus correos electrónicos ou da plataforma da Xunta de Galicia Abalar/Móbil. Se non o teñen, serán enviadas en papel.
As familias poden facer calquer consulta á dirección do noso correo electrónico: ceip.rosalia.lugo@edu.xunta.es
A NOSA PÁXINA WEB: Será un medio de información xeral do centro sobre novidades, actividades, informacións...
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprosalialugo
FACEBOOK: Publicaremos no noso novo Facebook novas actuais do centro relativas, fundamentalmente, a saídas escolares, festivais, actividades culturais e lúdicas, etc. Tamén na páxina da nosa Biblioteca están recollidas aquelas actividades que teñen relación co proxecto documental do centro e todas aquelas que teñan que ver co fomento da lectura.
TELÉFONOS: Calquer consulta, dúbida ou aclaración pódese facer a través dos seguintes teléfonos:
Centralita: 982870390
Dirección: 982870391
Orientación 982870392
Infantil 982870394
CALENDARIO ESCOLAR 2018 -2019
loli — Ven, 13/07/2018 - 10:53
Xúntase a Orde do 28 de maio de 2018 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018 -19 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
COMEDOR ESCOLAR: INFORMACIÓN
loli — Xov, 12/07/2018 - 11:49
A empresa Alimentación Saludable Gallega será a responsable do servizo de comedor no noso centro para o vindeiro curso.
Se desexa efectuar a alta para o curso 2018/19 tanto para a modalidade habitual como para os usuarios esporádicos, deberán entregar a ficha e o documento "Información sobre o tratamento de datos persoais" (Ver Anexos) debidamente cubertos por Rexistro no Concello de Lugo. Para comezar o servizo en setembro deberá entregala antes do 31 de agosto.
LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS CURRICULARES CURSO 2018/2019
loli — Ven, 29/06/2018 - 09:59
A lista de libros de texto e materiais curriculares, de Ed. Primaria e Ed. Infantil, para o curso 2018-2019, poden visualizala nos documentos adxuntos.
Recórdase que ao ser un Centro que formamos parte do Proxecto E-Dixgal, o alumnadode 5º e 6º de EP, non precisa mercar libros de texto (agás o libro de francés de 6º)
A lista de libros e materiais curriculares para o curso 2018-2019, foi aprobada, por unanimidade, tanto polo Claustro de Profesores, como polo Consello Escolar, nas respectivas reunións celebradas o 28 de xuño de 2018.
FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO
loli — Ven, 29/06/2018 - 09:56
- Listaxe provisional de alumnado de educación primaria admitido no fondo solidario de libros de texto.
Ver Anexo
- Listaxe definitiva do alumnado de educación primaria receptor/a do fondo solidario de libros de texto.
Ver Anexo
FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
loli — Lun, 21/05/2018 - 12:52
Xúntase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- seguinte ›
- última »