Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2019/2020
loli — Lun, 04/02/2019 - 09:52
1ª FASE: SOLICITUDES DE RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (1-15 de febreiro)
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 1 de febreiro de 2019 inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. (alumnado que cursa 6º de primaria)
• Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar no seu centro de adscrición, deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar.
• Esta solicitude poderán efectuala mediante un formulario normalizado, dun dos seguintes xeitos:
a) Entregando no centro solicitado en primeiro lugar o Anexo I, que pode recoller gratuitamente no centro ou ben descargar dende a páxina web da Consellería: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ED550AG.01.pdf
b) A través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
c) A través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
• A reserva adquirirá carácter vinculante polo que, se o/a alumno/a resultase admitido/a, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.
• A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
• A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade.