Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021
loli — Mar, 19/05/2020 - 09:34
Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).
O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído
- Orde do 12 de maio de 2020 (DOG)
- Extracto da Orde do 12 de maio de 2020 (DOG)
- A solicitude pode ser efectuada por pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado, e será única para tódas as fillas e fillos, sendo o medio de presentación preferible a aplicación informática fondolibros, que tramita a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
INFORMACIÓN RELACIONADA
Adaptación programacións 3º trimestre
loli — Sáb, 16/05/2020 - 22:55
Publicadas as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para o desenvolvemento do terceiro trimestre do vixente curso académico, polas que o profesorado do centro procedeu á adaptación da programación didáctica para centrala, preferentemente, na obtención dos obxectivos e competencias clave da primeira e segunda avaliación, reforzando e consolidando as aprendizaxes máis relevantes e imprescindibles das mesmas, que garanten a continuidade do proceso educativo ao longo da etapa ou unha vez finalizada a mesma. Así mesmo, establécese o procedemento para a cualificación final do alumnado.
ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2019 - 2020
PROGRAMACIÓN 1º PRIMARIA PROGRAMACIÓN 2º PRIMARIA
PROGRAMACIÓN 3º PRIMARIA PROGRAMACIÓN 4º PRIMARIA
PROGRAMACIÓN 5º PRIMARIA PROGRAMACIÓN 6º PRIMARIA
PROGRAMACION E. FÍSICA PROGRAMACIÓN INGLÉS
Restablecemento do proceso de admisión do alumnado
loli — Mér, 06/05/2020 - 15:44
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
A presentación da solicitude poderá facerse:
-
via online en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
-
presencialmente, no propio centro, con cita previa ( ben a través do correo do centro ceip.rosalia.lugo@edu.xunta.gal, ben por vía telefónica (982870390) en horario de 9:00 a 14:00h).
-
Se acudas ao centro educativo leva mascarilla e luvas.(o centro dispón de xel hidroalcólico para uso das familias
-
Mantén a distanza de seguridade.
-
Sigue as indicacións que aparecen na cartelería situada no corredor principal e na porta do centro.
- Atenderémoste desde a fiestra da Secretaría.
Outros aspectos importantes:
- Presentación da documentación acreditativas dos criterios de baremo, se é o caso: ata o 26 de maio de 2020.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 8 de xuño de 2020.
- Poderase formular reclamación contra as lixtaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados dende o día segunte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 18 de xuño de 2020..
- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do día 1 ao 10 de xullo de 2020.
Instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20
loli — Mér, 06/05/2020 - 15:35
Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Orientacións para a educación durante a pandemia:
O EOE (Equipo de Orientación Específico) de Lugo enviou aos Departamentos de Orientación un documento dirixido a tod@s os membros da Comunidade Educativa (Alumnado, Familias e Profesorado) con pautas para afrontar o período de confinamento e indicacións para a fase de desecalada.
Orientacións para o terceiro trimestre
(Ver Anexo)
Recomendacións e recursos educativos para afrontar estas semanas sen colexio debido ao coronavirus
loli — Lun, 16/03/2020 - 16:16
A parte dos exercicios ou das recomendacións que mandou o profesorado a través da Rede Abalar / Abalar móbil queremos deixarvos a través da nosa páxina web, unha serie de recursos xenéricos e plataformas online para que poidan seguir aprendendo dende a casa.
Repositorio de Contidos Abalar. Espazo Abalar: Contidos orientados ao alumnado e as familias
10 Plataformas educativas online para aprender xogando
Pipoclub. com. Esta páxina web contén xogos para que os alumnos de 0 a 12 anos traballen materias como Matemáticas, Xeografía, Música ou Inglés. Entre as destrezas que se adquiren grazas a eles están a comprensión lectora, a coordinación mano-ollo ou a visión espacial.
Árbore ABC. Pensada para fomentar a aprendizaxe a través do xogo en nenos desde 3 a 10 anos, inclúe exercicios baseados na teoría das intelixencias múltiples. Os alumnos poderán incorporar e reforzar os coñecementos a través de adiviñas, chistes, lecturas interactivas e xogos, entre outros.
Science & Fun by Elesapiens. Esta ferramenta online de foi deseñada para o ensino das Ciencias en Primaria, en inglés e Español. Combina vídeos e actividades interactivas con actividades prácticas, experimentos e xogos. O encargado de guiar polos contidos é un personaxe de animación chamado Elesapiens, que ten moita información e coñecemento relacionado co mundo científico: bioloxía, xeoloxía, física, tecnoloxía, humanidades, química… Ademais, conta con ferramentas para o seguimento dos alumnos e alíñase co currículo escolar.
Poisson Rouge Unha web deseñada en Inglés e Francés por pedagogos e deseñadores gráficos. Lograron unha plataforma moi visual e intuitiva para que os nenos xoguen por si mesmos. Cores, figuras, matemáticas, música, memoria… É apropiada para mellorar conceptos de varias materias desde calquera idade.
Aprendizaxe lectoescritura Varios xogos e actividades para traballar a memoria, a lóxica, as matemáticas ou a linguaxe. A navegación polo menú e as actividades é moi intuitiva e cumpren a función de que os nenos aprendan xogando.
Recursos educativos abertos. Recurso de Educaixa: fomentan a curiosidade, a investigación e o espíritu crítico.
Museos virtuais: Selección de museos con visitas virtuais para que o alumnado poida percorrer os seus corredores e descubrir todo o que poden ensinarlle.
25 canles de vídeo para facer experimentos. Con guías, paso a paso e materiais que se poden atopar facilmente nos fogares, os experimentos que propoñen estas canles de Youtube son ideais para aprender ciencia de forma divertida tanto en casa como nas aulas.
25 canles de YouTube para Infantil e Primaria imprescindibles!. Cancóns, contos populares, materiais educativos e en inglés... Todos estes contidos, e outros moitos, están disponñibles nesta recompilación de canles en YouTube para Infantil e Primaria.
Fichas para imprimir e materiais educativos para Primaria. Mais fichas para Infantil e Primaria.
OUTRAS PÁXINAS MOI INTERESANTES
Novas instrucións en relación co COVID-19
loli — Lun, 16/03/2020 - 13:29
(...) 1. Se suspende la actividad educativa presencial en todos los centros y etapas, ciclos, grados, cursos y niveles de enseñanza contemplados en el artículo 3 de la Ley Órgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación, incluída la enseñanza universitaria, así como cualesquiera otras actividades educativas o de formación impartidas en otros centros públicos o privados. (...)
(...) 1. Se suspenden todos los procesos administrativos. El cómputo de los plazos se reanudará en el momento en que pierda vigencia el presente real decreto o, en su caso, las prórrogas del mismo. (…)
Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 interrómpense o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.
Quedamos á vosa disposición a través do teléfono do centro educativo 982870390 e, no correo electrónico do mesmo ceip.rosalia.lugo@edu.xunta.es
O profesorado estará dispoñible para calquera consulta a través da Rede Abalar - Abalar móbil
Xornada de portas abertas 2020
loli — Mar, 11/02/2020 - 14:01
PREGÚNTANOS! Admisión 2020/ 2021
PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020 - 2021
loli — Mar, 04/02/2020 - 10:05
Fase de reserva de prazas en centros de adscrición
CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2020 /2021
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 1 de febreiro de 2020 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
- O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 17 de febreiro, ambos incluídos.
A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 29 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
Quen pode reservar praza?
- Alumnado que durante o curso 2019 - 2020 cursa 6º de primaria no noso centro e teña previsto matricularse no centro adscrito IES Lucus Augusti, no próximo curso. Entre o 1 e o 15 de febreiro, entregaráselles o documento correspondente ANEXO I, para formalizar a reserva.
- Alumnado do centro adscrito EEI Fingoi II que, no vindeiro curso, continúe neste centre en 1º de E. Primaria.
O alumnado que non estea comprendido nos apartados anteriores e pretenda cursar estudos neste centro deberá acollerse ao disposto no proceso de ADMISIÓN.
A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito, presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Ver Anexos ( Información pública do proceso de admisión 2020 - 2021 e mapa das zonas de Primaria e a ESO)
PERÍODO DE ADAPTACIÓN 2019 - 2020
loli — Mar, 03/09/2019 - 10:50
O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro, terá a mínima duración posible que permita conseguir os seus obxectivos e, en todo caso, non se poderá prolongar máis de 10 días lectivos desde a data de inicio das clases. (Capítulo VI do anexo áOrde do 22 de xullo de 1997 e Orde do 25 de xuño de 2009 )
O período de adaptación é o intervalo temporal que o alumnado precisa para asimilar os cambios producidos na súa vida, contorno e ambiente ao incorporárense ao centro escolar, é dicir, ao pasar dun ambiente que coñecen e dominan a outro descoñecido e que, en moitos casos, vai supoñer tamén a primeira separación das figuras de apego
Preme na imaxe e poderás descargar a publicación: O proceso de adaptación de Educación Infantil. E ti...vas á escola?
PERÍODO DE ADAPTACIÓN 2019 - 2020 (VER ANEXO)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »