Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
PERÍODO DE ADAPTACIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL
loli — Ven, 01/07/2022 - 11:49
Segundo a Orde de 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/2023 nos centros docentes sostidos na comunidade autónoma de Galicia, o período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro non se poderá prolongar máis do 16 de setembro. Dito período servirá para facilitar o paso da nena/neno dun espazo familiar e coñecido ao espazo escolar, conseguindo así unha adaptación axeitada para o seu correcto desenvolvemento. Por este motivo durante os primeiros días, farase unha incorporación progresiva do alumnado cun horario reducido e flexible.
Para a confección dos grupos seguiuse a orde alfabética e poderedes consultar os grupos e as datas nos ANEXOS.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
plan adaptación 2023.pdf | 50.9 KB |