Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2021 - 2022
loli — Dom, 05/09/2021 - 22:36
Día 9 de setembro: Comezo das clases para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria.
O horario será o habitual de 9 a 14 horas (agás 4º de E. Infantil que estará co período de adaptación) tendo en conta as seguintes consideracións especias relativas á organización deste curso escolar no que:
-
Como no curso anterior, as familias non poderán entrar no centro nin permanecer nel (agás os grupos de Educación Infantil e, o primeiro día no caso de 1º de primaria e, en calquera dos casos, só un membro do núcleo familiar). Se teñen que recoller ao seu fillo/a deberán avisar con antelación mediante unha chamada telefónica ao centro ou, a través, do correo electrónico.
-
Alumnado de E. Primaria:entrará só no centro entre as 8:55 e as 9:05 h.
-
Alumnado de E. Infantil: Entrará no centro, acompañado dun só familiar entre as 9:00 e as 9:10 h.
-
As saídas realizaranse entre as 13:45 e as 14:00 h.
-
As familias deberán asinar a declaración xurada onde se comprometen a non enviar ao seu/súa fillo/a ao centro con síntomas compatibles coa COVID 19. No adxunto atopará á declaración xurada.
-
ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO. PREMA AQUÍ PARA ACCEDER AO DOCUMENTO.
-
Servizo de comedor e madrugadores. O servizo de xantar funcionará dende o día 9 de setembro e o servizo de madrugadores dende o día 10 de setembro. A listaxe de alumnado admitido nestes servizos está exposta no taboleiro que hai na entrada do edifico principal. O centro non responde a chamadas de teléfono para informar desta listaxe.
-
Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19, curso 2021-2022
Adxunto | Tamaño |
---|---|
DECLARACIÓN XURADA PROTOCOLO COVID.pdf | 110.26 KB |
horarios entradas e saídas curso 2021 - 2022.pdf | 665.53 KB |