Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
PERÍODO DE ADAPTACIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL. CURSO 2021 - 2022
loli — Lun, 23/08/2021 - 15:22
PERIODO DE ADAPTACIÓN PARA O CURSO 2021-2022
Segundo a Orde do 19 de maio de 2021, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021-2022 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na comunidade Autónoma de Galicia, o período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro non se poderá prolongar máis de 8 días lectivos dende o inicio do curso escolar. Dito período servirá para facilitar o paso do neno/a dun espazo familiar e coñecido ao espazo escolar, conseguindo así unha adaptación axeitada para o seu correcto desenvolvemento. Por este motivo, durante estes primeiros días, faremos unha incorporación progresiva dos nenos e nenas cun horario reducido e flexible.
Para a confección dos grupos do período de adaptación, seguiuse estrita orde alfabética.No documento adxunto atoparedes en que grupo e horario estades asignados.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PERIODO DE ADAPTACIÓN (2021-22) (1).pdf | 58.39 KB |