Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
Consello Escolar
loli — Xov, 17/10/2024 - 08:57
RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
Renovación parcial dos membros do Consello Escolar do centro educativo. Ver documento adxunto.
Calendario escolar para a renovación parcial do Consello Escolar
CLASES DE CHINÉS
loli — Ven, 27/09/2024 - 09:08
A Escola Oficial de Idiomas de Lugo volve ofertar, de maneira gratuíta, clases extraescolares de chinés no noso centro.
A actividade vai dirixida ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e levarase a cabo os martes de 16.00 -17.00h para novo alumnado e de 17.00 -18.00 h. para o alumnado que xa estivo matriculado o curso pasado.
A profesora nativa que impartirá as clases está realizando unha estadía na EOI de Lugo grazas ao programa de profesorado voluntario do CLEC (organismo dependente do Ministerio de Educación chinés), en colaboración coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
O alumnado interesado en matricularse nesta actividade deberá inscribirse na Secretaria do centro.
A data de comezo aínda non está fixada pero, trataríase de comezar ao mesmo tempo que o resto das actividades extraescolares.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CONCELLO DE LUGO
loli — Xov, 26/09/2024 - 10:12
Abrimos o prazo para solicitar as actividades extraescolares que nos oferta o Concello de Lugo para este curso 2024 - 2025.
As actividades son gratuítas para o alumnado.
O periodo de inscrición vai do día 1 de outubro ata o 9 de outubro, ambos incluídos. O día 11, publicarase a lixtaxe definitiva do alumnado admitido en cada unha das actividades ofertadas.
O comezo das mesmas será o día 16 de outubro.
No documento adxunto está a ficha de inscrición no programa de actividades subvencionadas pola Concellería de Educación do Concello de Lugo. Podedes descargar a ficha, cubrila, entregala ou mandala polo correo do centro educativo; ou ben, solicitala na secretaria do centro onde vos facilitaremos unha copia da mesma.
COMEDOR CURSO 2024 - 2025
loli — Dom, 08/09/2024 - 18:24
INSCRICIÓN COMEDORES ESCOLARES. CURSO 2024 - 2025
As persoas interesadas en solicitar o alta no servizo como usuarias, deberán rexistrarse a través da nova APP de comedores COLECHEF.
Máis información na Web do Concello de Lugo:
Servizo Municipal de Comedores Escolares
O servicio de comedor estará disponible dende o primeiro día lectivo, o mércores 11 de setembro, e o servicio de madrugadores, dende o xoves, 12 de setembro.
INICIO CURSO ESCOLAR 2024 - 2025
loli — Dom, 08/09/2024 - 17:27
Saúdamos a todo o alumnado e familias do centro e damos a benvida a este novo curso escolar.
- As clases iniciaranse o día 11 para todos os cursos de Educación Infantil e Educación Primaria, agás 4º de Educación Infantil que están co período de adaptación, en horario continuo de 9:00 a 14:00.
- O alumnado de 1º, 2º, 3º de primaria teñen á entrada e a saída por Rúa Cambria. As familias do alumnado de 1º de primaria poderán entrar acompañando aos seus fillos e fillas ata a súa aula e alí serán atendidas polas mestras titoras. Non se trata dunha reunión formal senón de que coñezan a ubicación e saiban que grupo lles corresponde.
- O alumnado de 4º, 5º e 6º teñen a entrada e a saída por Marina Española.
- O alumnado de Educación Infantil será recibido polas titoras o primeiro día para indicarlles a que aula vai cada curso.
- Os libros do alumnado de 3º e 4º de primaria serán entregados polos titores/titoras nos primeiros días do curso.
Seguide atentos/as á web para recibir información detallada e puntual de todo o que acontece neste curso.
LISTAXE PROVISIONAL DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
loli — Mar, 02/07/2024 - 09:06
Publicación da listaxe provisional de axudas para a adquisición de libros de texto e de material escolar para o cursos 2024 - 2025.
Pódese comprobar no taboleiro de anuncios do centro (Secretaría) ou na propia páxina de FONDO LIBROS.
PRAZO DE RECLAMACIÓNS: 2 días.
Axudas Concello de Lugo para material escolar no 2º ciclo de Educación Infantil curso 2024/2025
loli — Mar, 02/07/2024 - 08:54
- Prazo de solicitude : do 19 de xuño ao 9 de xullo
- BASES no bop nº 140/202
- INFORMACIÓN -Oficinas da Concellería de Educación (C.S. Uxío Novoneyra, r/ Quiroga Ballesteros. Horario: de 9 a 14h ou na Web do Concello
- PRESENTACIÓN: a través da Sede Electrónica, no Rexistro do Concello de Lugo ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro.
LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS
loli — Ven, 28/06/2024 - 12:08
Publicamos a listaxe de libros de texto para o curso 2024 - 2025. (Anexos)
Noutro documento incluímos o material para os cursos de Educación Infantil.
Para o resto dos cursos de primaria, a lista de material será entregada polos titores/as a principios do vindeiro curso.
* na listaxe de 1º e 2º hai un erro na data pero os libros están correctos e son os que se piden para o curso 2024 - 2025.
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
loli — Lun, 20/05/2024 - 19:14
Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos
Texto da convocatoria: ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)
Forma de presentación de solicitudes:
- Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica[iniciar]. IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos. NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma
- Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
- Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.
Documentación complementaria:
- Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
- NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
- A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática
Admisión alumnado curso 2024 - 2025
loli — Mér, 28/02/2024 - 11:41
- Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II e Anexo II-bis (Ver Anexos) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo.
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 21 de marzo ao 5 abril, ambos os dous incluídos.
- Publicación das tistaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.
- Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das íistaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.
- Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo EDSSOB no 2º lugar e seguintes).
- MATRÍCULA: Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño —01 de xullo.
- Máis información detallada no documento incluído nos Adxuntos.