MENÚ MARZO

Para ver o menú do mes de marzo, picade aquí.             

ENTROIDO 2013

O pasado venres día 08 de febreiro, celebramos a festa do ENTROIDO no colexio.                                                 


                                    


Este ano adicámolo a un tema común  : A Feira Tradicional Outrora.


Labregos, zoqueiros, ferreiros,cociñeiras ...  cun montón de oficios tradicionais nos sorprenderon todos os nen@s do cole ¡


Tamén houbo algún familiar que se animou a vir á festa disfrazado, e xa para rematar , a queima dos compadres e as comadres e un chocolate quentiño con larpeira para marchar cun bo sabor de boca.


Se queredes ver as fotos da festa, picade aquí.

30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Coma todos os anos, os alumnos e profesores do colexio, celebramos o pasado día 30 de xaneiro o


                      DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA      


Diversas manualidades para adornar as aulas e dependencias do centro, dende pombas ata bandeiras de distintos países ; colgantes e pegatinas da paz,poemas,declaracións de boas intencións e tamén para rematar un baile entre todos,foron as diversas actividades que  formaron parte do acto que se realizou  pola tarde.                                                                                                                                                                                                                              


Para ver as fotos dos adornos, picade aquí.


Para ver as fotos do acto conxunto da tarde, picade aquí.

MENÚ FEBREIRO

Para ver o menú do mes de febreiro, picade aquí.    

NADAL 2012

O pasado día 21 de decembro, levouse a cabo no Centro Multiusos do Concello o


                                                       FESTIVAL DE NADAL


Tras uns días de duro traballo nos que tamén adornamos o cole ( para ver as fotos dos adornos ,


picade aquí )                    


 


chegou o tan ansiado día das actuacións.


                                              


Todos os nenos e nenas participaron con gran ilusión nas variadas actividades das que se puido desfrutar ó longo da mañá :belén vivinte, ofrendas ó Neno,títeres,representacións teatrais,panxoliñas en inglés e en galego...e para rematar, tamén a visita de Papá Noel, que fixo as delicias de todos os presentes.


                                              


Numerosos familiares e amigos aplaudiron o esforzo e o traballo dos nen@s e tamén dos seus profes.


Para ver as fotos do festival, picade aquí.

CHEGOU O NADAL

 


                              FELICES FESTAS NAVIDEÑAS ¡¡¡


 



 


Vémonos o vindeiro 08 de xaneiro.

MENÚ DECEMBRO

Para ver o menú do mes de decembro, picade aquí.          

TRABALLOS DE 5º DE E.PRIMARIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para ver os traballos que realizaron os alumn@s de 5º de Primaria para conmemorar o DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, picade aquí.

26-11-12 . DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ofertada polo Concello de Bóveda a través da Área de Cultura e Servizos Sociais, o pasado día 26 de novembro, todos os nenos e nenas de E.Primaria do colexio puideron disfrutar dun OBRADOIRO DE ARTES PLÁSTICAS  para conmemorar o :


                 DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO              


Dúas sesións nas que os alumn@s ademais de visualizar un conto ,puideron logo traballar nun divertido obradoiro . Ó remate, agasallos para tod@s.


                             


Para ver as fotos desta actividade, picade aquí.

CONSERVACIÓN DOS RÍOS

O pasado día 16 de novembro, pola tarde, todo o alumnado de E.Primaria do colexio, asistiu na sala de informática a unha charla ofertada pola Consellería de Educación,Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.


O tema principal foi :  a Conservación dos Ríos, e máis concretamente a do río Cabe e os seus afluentes.



Sesión moi amena e participativa na que todos e todas puidemos aprender  un pouco máis acerca da flora e fauna do nosos ríos e a súa conservación. Para rematar... agasallos para tod@s.                      


Para ver as fotos desta sesión, picade aquí.  

Distribuir contido