CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
"DÍA DO LIBRO" Alumnado de Educación Infantil. "O conto estrelado" (19 - 4 - 2022)
Enviado por Noelia o Sáb, 23/04/2022 - 20:33Pola conmemoración do "Día do libro", a biblioteca municipal agasallounos con este fermoso contacontos.
Ademais de gozar coa historia realizamos un sinxelo obradoiro de creación de contos.
"DÍA DA MULLER" . Alumnado de 5º e 6º de Primaria. "A miña historia" (8 - 3 - 2022)
Enviado por Noelia o Sáb, 23/04/2022 - 20:26As nenas e os nenos de 5º e 6º de Primaria, acudiron ao contacontos de "A miña historia" de Trémola Teatro no salón de actos da Casa de Cultura.
A historia representada baseábase na vida de Rosalía de Castro.
"DÍA DA MULLER" Alumnado de 1º a 4º de Primaria. "Bolboretas"
Enviado por Noelia o Sáb, 23/04/2022 - 20:21As nenas e os nenos de 1º a 4º de Primaria asistiron na nosa biblioteca ao espectáculo "Bolboretas" de Soledad Felloza.
"DÍA DA MULLER" . Alumnado de Infantil. "A carteira de Augas Claras" (8 - 3 - 2022)
Enviado por Noelia o Sáb, 23/04/2022 - 20:18O alumnado de Infantil asistiu a este fermoso contacontos levado a cabo por Carmen Domech.
"Eu vou comigo", "Artur e Clementina" e "Rosa Caramelo" foron as tres historias das que poidemos gozar nesta ocasión.
"DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO" "As mulleres que nos constrúen" (25 - 11 - 2022)
Enviado por Noelia o Sáb, 23/04/2022 - 20:07Fomos ata o salón de actos da casa de cultura do Concello para realizar esta fermosa actividade.
O alumnado levou a cabo unha preparación previa cubrindo un cuestionario e traendo unha fotografía dunha muller de referencia da súa familia.
Con todas as fotos e a información recadada, realizouse un mural colectivo que hoxe loce nun dos corredores do noso centro.
"DÍA DAS BIBLIOTECAS" (24 - 10 - 2022)
Enviado por Noelia o Sáb, 23/04/2022 - 19:58Para conmemorar o "Día das Bibliotecas", a biblioteca municipal de Bóveda convidounos ao espectáculo
"Lúa triangular. Nada é imposible" de Jara Ortiz. Moitas grazas! Encantounos!
O NOSO LIBRIÑO COA RECEITA DO BISCOITO DE RUMANÍA.
Enviado por Noelia o Mér, 20/04/2022 - 07:42
ANIMÁDEVOS A PREPARALA NA CASA!!
"MERCADIÑO DO LIBRO USADO" (26 de abril de 2022)
Enviado por Noelia o Mar, 19/04/2022 - 07:28
Esta é unha proposta para darlle unha nova vida a eses libriños que temos na casa esquecidos.
Nalgún recantiño do noso fogar poida que haxa algún libro que hai tempo que non ledes. Poden ser libros que deixaron de gustarnos ou que xa non se axustan á nosa idade.
O 26 de abril, levaremos a cabo na biblioteca o noso primeiro "Mercadiño do libro usado".
Trátase dunha actividade voluntaria que consiste en traer ao cole libros en bo estado (nin pintados, nin rotos, nin raiados ou nin deteriorados) a cambio dos cales obteremos "Billetes de Rosalía".
Podedes traer ata tres libros que serán cambiados por outros tantos "Billetes de Rosalía". O día do mercadiño poderedes adquirir outros libros empregando eses billetes.
Animádevos a participar para que os libros que están parados nas nosas casas poidan seguir facéndonos soñar!
O equipo de biblioteca
CERTAME DE DEBUXO EN FAMILIA. "DESEÑA UNHA MASCOTA PARA A NOSA BIBLIOTECA".
Enviado por Noelia o Mar, 19/04/2022 - 07:19A nosa biblioteca precisa unha imaxe que nos represente, un amiguiño ou amiguiña que nos propoña actividades, xogos, proxectos... e a quen lle guste investigar.
Propoñémosvos que poñades as vosas cabeciñas a pensar e deseñedes (coa axuda da vosa familia) un personaxe divertido que poiderá ser un obxecto, animal ou ser fantástico que imaxinedes.
O deseño virá en forma de debuxo nun folio ou cartolina.
Todos os deseños serán expostos na biblioteca.
Realizaremos unha selección de deseños para que sexan votados por todo o alumnado.
Os criterios para a selección serán:
- Orixinalidade.
- Relación da mascota coa lectura e/ou investigación.
- Relación coa nosa contorna. (Concello e/ou colexio).
Os debuxos serán entregados á titora correspondente na semana do 19 ao 22 de abril.
Moitas grazas por participar!
O equipo de biblioteca.
ISABEL E TOÑO, NAI E PAI DE MARCOS, TROUXERON ABONO PARA O NOSO HORTO. (27 - 1 - 22)
Enviado por Noelia o Ven, 15/04/2022 - 19:52A terra precisa fertilizantes para producir. Este abono será o alimento das nosas hortalizas.
Iso foi o que viñeron a explicarnos Isabel e Toño ao tempo que nos traían uns sacos de abono da súa explotación de vacas.
Grazas a esta achega, o noso horto estará preparado para producir en abundancia!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- …
- seguinte ›
- última »