ALBA, A NAI DE CARLOTA, VEU AXUDARNOS A FACER UN ESPANTALLO PARA A HORTA. (19 - 05 - 2022).

Dentro do proxecto "A nosa horta" no que contamos coa visita de todas as familias do alumnado de Infantil; hoxe tivemos con nós a Alba, a nai de Carlota, quen trouxo todos os materiais necesarios para facer un espantallo.

Despois dun proceso de creación colectiva, tocou poñerlle nome: o noso espantallo é unha espantalla e chámase Carlota.

Moitas grazas Alba por traernos esta estupenda actividade!

 

TORTA DE MILLO E BOLIÑOS NA CASA DA PROFE JULIA (18 - 05 - 2022)

E despois de sementar o millo, velo medrar, colleitalo, degrañalo, levalo a moer e peneirar a fariña... o alumnado de infantil foi cocer ao forno.

Foi unha xornada moi especial onde puidemos ver a diferencia entre a fariña de millo e a fariña de trigo. Amasamos as dúas para facer a torta de millo e boliños preñados de chourizo.

Moitas grazas á avoa de María por aprendernos tantas cousas sobre o millo, a Sandra pola súa paciencia e bo facer coa masa de trigo e aos anfitrións Julia e David que nos acolleron na súa casa con todo o cariño do mundo. Un bico enorme!!!

 

 

Recitando poemas: A traxedia dos castiñeiros, de Florencio Delgado Gurriarán (Alumnado de 5º e 6º de Primaria).

Protección de datos

A traxedia dos castiñeiros, do poemario Bebedeira de Florencio Delgado Gurriarán (Editorial Nós, 1934) é o poema escollido polo alumnado de 5º e 6º para realizar este recitado, ao que lle poñen voz: Carlos, Luca, Alba, Mary, Javier, Diana, Santi, Hugo, Sara, Diego, Iago e Luis. O CEIP Rosalía de Castro en colaboración co Colectivo Lemos Le, leva a cabo esta actividade baixo a supervisión da coordinadora de biblioteca Noelia Maceda e coa colaboración da titora Sara Lebedinsky.  Edición e montaxe Equipo TIC CEIP Rosalía de Castro.

Recitando poemas: A lúa, branca pastora, de Florencio Delgado Gurriarán (Alumnado de 3º e 4º de Primaria).

O alumnado de 3º e 4º de Primaria recita o poema A lúa, branca pastora  do poemario Bebedeira de Florencio Delgado Gurriarán publicado pola Editorial Nós no ano 1934.  Álex, Luisa, Hugo, Aurora, Lara, Daniela e David grabaron estes versos baixo a supervisión da coordinadora de biblioteca Noelia Maceda, coa colaboración da titora Rocío Vilar. Edición e montaxe Equipo TIC CEIP Rosalía de Castro.

 Protección de datos

Recitando poemas: Vente, ventiño do norte, de Florencio Delgado Gurriarán (Alumnado de 1º e 2º de Primaria).

Protección de datos

Desta volta, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria ( Martín, Iris, Carlota, Manuel, Manu e Martim) recita fragmentos do poema Vente, ventiño no norte. Esta actividade foi realizada en colaboración co Colectivo Lemos Le con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2022 dedicado a Florencio Delgado Gurriarán. Esta composición está publicada no poemario Bebedeira, de Florencio Delgado Gurriarán (Editorial Nós, 1934). Recitado polo alumnado de 1º e 2º de Primaria do CEIP Rosalía de Castro, de Bóveda (Lugo) Martín, Iris, Carlota, Manuel, Manu e Martim. Baixo a supervisión da titora, Natividad Rodríguez. Edición e montaxe Equipo TIC CEIP Rosalía de Castro.

Listaxe definitiva de admitidos curso 2022/2023

Listaxe definitiva de alumnado.

Curso 2022/2023.

Todo o alumnado que solicitou praza no CEIP Rosalía de Castro de Bóveda para o curso 2022/2023 están admitidos.

Un cordial saúdo.

MARCOS, O PAI DE DANIELA, VEU PASAR O MOTOCULTOR Á NOSA HORTA (6 - 5 - 2022).

E para rematar a semana tivemos a visita de Marcos e Eva (o pai e a nai de Daniela), que viñeron a axudarnos a poñer a punto a nosa horta.

Estivemos encantad@s escoitando as explicacións de Marcos e vendo como traballaba.

En breve iremos a sementar o millo e a plantar as plantiñas do sementeiro.

Moitas grazas por esta visita tan proveitosa!

 

JOSE E MARÍA, PAI E NAI DE XOEL, MONTARON O ARMARIÑO PARA COLOCAR OS LIBROS NA ZONA DE LECTURA AO AIRE LIBRE. (5 - 5 - 2022)

A nosa biblioteca exterior xa case está a punto! Hoxe a familia de Xoel veu ao noso cole para axudarnos coa tarefa de montar

un pequeno armario para gardar os libriños destinados a ler na zona verde. Quedou xenial!

Moitas grazas por axudarnos e por compartir con nós o voso tempo!

 

O OBRADOIRO DE CREACIÓN DE EMPREGO DO CONCELLO DE BÓVEDA PON A PUNTO O NOSO COLE. (Semana do 2 ao 6 de maio).

O colexio de Bóveda ten o privilexio de contar cun dos patios escolares máis grandes e máis verdes da nosa contorna.

As rapazas e os rapaces do Obradoiro de Emprego do Concello de Bóveda e a súa monitora estiveron toda esta semana no noso centro realizando as labores de limpeza e debroce da área verde. Trouxéronnos e colocaron os bancos que nos deu o Concello para a nosa zona de lectura ao aire libre e realizaron animaliños de madeira para decorar o noso patio.

Moitas grazas polo voso traballo!!

Distribuir contido