"I eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas..." Rosalía de Castro
MENÚ NOVEMBRO
Enviado por Anónimo o Mar, 06/11/2012 - 15:57Para ver o menú do mes de novembro, picade aquí.
CONCURSO DE CABAZAS
Enviado por Anónimo o Lun, 05/11/2012 - 14:55Os gañadores do CONCURSO DE CABAZAS do curso escolar 2012-2013 foron os seguintes :
E.Infantil : Leire
1º Ciclo : Lucía
2º Ciclo : compartido polos irmáns Gisela e Ibrahim
3º Ciclo : Ana
NORABOA ÓS CINCO ¡
VISITA Á RIBEIRA SACRA
Enviado por Anónimo o Ven, 19/10/2012 - 14:32O pasado día 08 de outubro, todos os alumn@s e profes do cole, fixemos unha excursión ó concello de Sober.
Pola mañá, viaxamos no Tren Ribeira Sacra para coñecer un pouco máis acerca da viticultura heroica . Para ver as fotos, pica aquí.
Tamén visitamos a bodega Regina Viarum na que nos explicaron o proceso de elaboración do viño e máis tarde xantamos no cenador de A Cantina. Para ver as fotos, pica aquí.
Xa pola tarde,fixemos parada na parroquia de Marcelle, no concello de Monforte, para visitar a Base dos Helicópteros que a Xunta de Galicia ten no Marroxo. Para ver as fotos,picade aquí.
Unha divertida e moi interesante saída na que tod@s , alumnos e profes ,desfrutamos moito.
EXPOSICIÓN NA CASA DA CULTURA
Enviado por Anónimo o Xov, 18/10/2012 - 16:05O pasado mércores día 26 de setembro, os alumnos do colexio asistiron a unha exposición sobre
BIODIVERSIDADE invitados polo Concello de Bóveda a través da CASA DA CULTURA.
Para ver as fotos desta visita dos alumnos de 2º e 3º ciclos , picade aquí.
Para ver as fotos desta visita dos alumnos de E.Infantil e 1º ciclo, picade aquí.
COMEZOU O CURSO 2012/2013
Enviado por Anónimo o Xov, 18/10/2012 - 15:56O pasado día 12 de setembro comezou o novo curso escolar. Moitas caras novas neste primeiro día...
Todos os nenos e nenas do colexio participaron nunha sesión de pintura no chan no patio do colexio. Para ver as fotos, pica aquí.
BENVIDOS E BENVIDAS ¡
MENÚ OUTUBRO
Enviado por Anónimo o Xov, 11/10/2012 - 15:31Para ver o menú do mes de outubro, pica aqui.
AVISO
Enviado por Anónimo o Ven, 08/04/2011 - 11:27Por causas alleas ao noso centro, algúns contidos da nosa páxina web quedaron inaccesibles.
Desculpade as molestias.
A Coordenadora de Tic´s
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47