CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
"DÍA DA MULLER" (8 - 3 - 2023).
Enviado por Noelia o Mér, 08/03/2023 - 18:11Un lazo morado por todas aquelas nenas e mulleres que viven en desigualdade.
Alumnado de 6º de primaria con reserva de praza no IES Daviña Rey
Enviado por Iria o Lun, 27/02/2023 - 11:12Informamos ás familias do alumnado de 6º curso de Primaria que solicitou reserva de praza no centro IES Francisco Daviña Rey, que todas as solicitudes foron admitidas.
POEMAS MUSICADOS NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (23 - 02 - 2023).
Enviado por Noelia o Dom, 26/02/2023 - 17:27A comunidade educativa do CEIP Rosalía de Castro, quere compartir con vós diferentes versións do coñecido poema "Adiós ríos, adiós fontes".
Esperamos que os disfrutedes tanto coma nós!!
FESTA DE ENTROIDO E QUEIMA DO MECO (17 - 02 - 2023).
Enviado por Noelia o Dom, 19/02/2023 - 21:59O último da semana tivemos no cole a nosa festa de Entroido. Grazas ao bo tempo puidemos empregar as novas instalacións deportivas como pista de xogo e baile.
Puxemos os disfraces que máis nos gustaban e aproveitamos a zona de terra colindante para levar a cabo a tradicional "queima do Meco".
O alumnado de 5º e 6º co deseño deste Meco, quixo levar a cabo unha crítica á realización do mundial de fútbol en Qatar, un país que (entre outras cousas) non recoñece os dereitos das mulleres nin das persoas pertencentes ao do colectivo LGTBIQ+
MALETA VIAXEIRA DE BANDA DESEÑADA (09 - 02 - 2023)
Enviado por Noelia o Xov, 09/02/2023 - 19:05Chegou ao noso cole unha nova "Maleta viaxeira" desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares. Teremos esta ampla variedade de libros de banda deseñada ata o remate deste mes para disfrutar dela na "Hora de ler".
MANDADIÑOS DO ENTROIDO (Semana do 13 ao 17 de febreiro)
Enviado por Noelia o Mar, 07/02/2023 - 20:02- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »