CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
CONTO EN FAMILIA: FAMILIA DE MAIA
O pasado venres día 24 tivemos a derradeira sesión de "Conto en familia" deste curso. Neste caso, a encargada de realizar esta actividade foi a familia de Maia de educación infantil.
Neste caso, poderíamos dicir, "Canto en familia", xa que Verónica e Martín presentáronnos a canción que compuxeron sobre o Oso de Salcedo, festividade que estiveron a traballar o alumando de infantil durante o presente curso.
A idea de compoñer unha canción sobre o Oso xurdiu entre o propio alumnado de infantil e, como os seus desexos son ordes... aproveitando as boas ideas de Martín e Verónica e a súa colaboración co noso cole; e a idea fíxose realidade!!! Adrián, o mestre de música estivo a ensaiar a canción con todo o alumnado e o venres cantámola varias veces acompañadxs do clarinete, da gaita e da pandeireta.
Agora, Martín acudirá ao centro proximamente a intentar grabar con nós a canción O Oso de Salcedo. Aquí vos deixamos a letra.
Letra e música: Martín Vázquez García (2024).