TRABALLAMOS O DIÑEIRO

Na materia de matemáticas o alumnado de 1º e 2º de primaria estivo a traballar o diñeiro. Para interiorizar mellor os contidos a súa mestra planificou unha actividade manipulativa.

 

Realizaron un pequeno mercadiño de obxectos presentes na aula. Cada un, tiña unha cantidade de diñeiro e tiña que saber o que podía ou non podía comprar.

  

 

Con esta actividade, ademais do diñeiro tamén traballaron dúas operacións elementais: a suma e a resta.

  

 

Grazas a este tipo de actividades alcanzamos a nosa aprendizaxe competencial.