CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024
Este ano adicouselle o Día das Letras Galegas a escritora e música, Luísa Villalta (1957-2004) e, dende o noso cole, fixemos diversas actividades para conmemorar este día.
O xoves día 16 acudimos ao Centro Sociocultural do noso Concello a realizar un obradoiro de ilustración creativa sobre a homenaxeada a cargo de Sheila García Prado.
Primeiro tocoulle a quenda ao alumnado de Infantil e 1º e 2º de primaria quen realizaou estas verdadeiras obras de arte!
A continuación, o alumnado de 3º a 6º de primaria elaborou un libriño sobre a vida e obra da autora. Guiados en todo momento por Sheila.
Ese mesmo día, na hora de lectura, realizamos un contacontos sobre a vida de Luísa Villalta. Neste caso o encargado de contarlles a historia aos seus compeñirxs foron os alumnxs de 3º e 4º que lle leron o libro Sempre Infinita de Eva Mejuto e Bea Gregores da Editorial Miudiñas.
Como traballo previo para coñecer con maior detalle a vida da autora, nas aulas visualizamos o vídeo que realizou o alumnado do colexio San Pío X de Ourense sobre Luísa Villalta.
No "Taboleiro das conmemoracións" o alumnado de 3º e 4º foi o encargado de colgar o seu mural conmemorativo. Mirade que ben lles quedou!
Ademais, de todo isto, como produto final de todas as actividades, na materia de Art realizamos un mural colaborativo, no que cada un de nós pintou unha das pezas que compañen o retrato da escritora.
O alumnado de infantil estampou empregando diversas técnicas palabras que definen a Luísa. Quedou precioso!!!