8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller co fin de reivindicar os seus dereitos e procurar unha igualdade real de xéneros.

 

 

O 8M como día internacional da muller foi adoptado pola Asemblea Xeral da ONU en 1977, aínda que dous anos antes xa o empezaba a conmemorar. A súa orixe está nas manifestacións das mulleres que, especialmente en Europa, reclamaban a comezos do século XX o dereito ao voto, mellores condicións de traballo e a igualdade entre mulleres e homes.

 

Dia De La Mujer Love GIF by Yeremia Adicipta

 

Pola importancia de dito día, organizamos diversas actividades co fin de sensibilizar ao noso alumnado sobre esta temática. A primeira actividade era unha "saída de campo" ao centro do noso Concello para coñecer a todas as mulleres que traballan en diferentes establecementos da nosa localidade. Poñendo en valor así, o papel da muller no desenvolvemento socioeconómico. Desafortunadamente, debido ao mal tempo tivemos que aprazar a saída ata novo aviso.

Tamén, nos acompañou neste día Sara, a filla da mestra de Infantil, que lles estivo a explicar aos máis cativos do cole os símbolos do sexo feminino e masculino.

Moitas grazas, Sara, por vir compartir un ratiño con nós!

 

Outra das actividades que realizamos foi a elaboración dos nosos propios símbolos do sexo feminino en cartolinas moradas que decoramos con adxectivos positivos hacia unha das mulleres da nosa vida. Baixo o lema "Eu véxote así"

 

 

A verdade é que é precioso mirar a través dos ollos da infancia. Mostraron mensaxes moi bonitas hacia as súas nais, avoas, tías, mestras, amigas...

 

 

O alumnado levou a súa propia creación para entregarlla a súa destinataria.

 

 

Logo de facer esta tarefa, na hora de ler acudimos a biblio a realizar unha lectura grupal sobre o conto A historia dos bonobos con lentes de Adela Turín e Nella Bosnia da Editorial Kalandraka no que se relata como vivían os bonobos: eles comían, viaxaban e modernizábanse mentres elas recolectaban comida e criaban a prole. Pero os bonobos non aceptaban que as bonobas tamén puideran aprender e evolucionar.

 

  Ao finalizar a lectura, realizamos un pequeno debate sobre a igualdade de xénero.

 

 

Todxs aqueles que quixeron compartiron cxs seus compañeirxs a quen lle adicaran a actividade "Eu véxote así" de forma oral como remate do día.

 

Con esta iniciativa tamén, contribuímos a traballar o cuarto e quinto ODS.