DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN E DA NON VIOLENCIA E A PAZ 2024

O 3 de decembro de 2018, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas e a Unesco estableceron o 24 de xaneiro como o Día Internacional da Educación, coa finalidade de darlle un papel crucial ao desempeño da educación e os docentes na paz e no desenvolvemento das sociedades en xeral.

Desgarga gratis los mejores gifs animados de escuelas ✓. Imágenes animadas  de escuelas y más g… | Día de los maestros, Feliz dia del maestro, Frases  dia del maestro

 

A educación é a peza angular de toda a sociedade, persoas ben formadas son básicas para o bo desenvolvemento dunha sociedade sa no seu conxunto. Esta dura tarefa de formar, recae nas familias e na educación, en todos os profesionais que conforman a comunidade educativa do noso centro, que todos os días do curso acoden ao seu posto de traballo a ensinar, inculcar e transmitir valores e coñecemento. Unha labor fundamental e imprescindible.

Este curso o lema desta conmemoración era "Aprender para unha paz duradeira", é claro está, que o papel da educación e imprescindible para a paz. Por dita razón, dende o noso cole decidimos celebrar estas dúas conmemoracións tan importantes para nós de xeito conxunto.

Comezamos realizando unha reflexión nas aulas a modo de "Chuvia de ideas" dos valores que a educación nos proporciona para conseguir a paz.

 

A continuación cada alumnx escribiu nunha pinga de auga a súa palabriña. Sairon ideas realmente emotivas, temos claro que todxs valoran moito a importancia da educación. Mírade...

 

Entre todxs, elaboramos un mural colectivo da nosa "chuvia de ideas" que a continuación, colgamos nunha das paredes do noso corredor.

 

O encargado de elaborar algún traballo par o noso "Taboleiro das conmemoracións" foi, neste caso, o alumnado de 1º e 2º de Primaria. Quen realizou unha apócema para a paz. Algúns ingredientes, por si queredes apuntar a receita, son: amizade, amor, tolerancia...

 

Ademais, dende a materia de Proxecto Competencial tamén estivemos a traballar e coñecer a vida do activista Nelson Mandela en contra do racismo e a prol da igualdade como medio para alcanzar a paz. Visualizamos un vídeo sobre a súa traxectoria e, a continuación elaboramos unha liña do tempo cos feitos máis importantes da súa vida.

 

 

A EDUCACIÓN É O CAMIÑO CARA A PAZ