CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN
ABERTO O PRAZO DE RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA QUE NO CURSO 2024/2025 VAI CURSAR 1º DA ESO NO IES DAVIÑA REY
DATA LÍMITE DE SOLICITUDES: 5 DE FEBREIRO DE 2024
Que documentación hai que presentar?
O ANEXO I (Solicitude de reserva de praza en centro docente sostido con fondos públicos) entregado en formato papel ao alumnado de 6º de EP. Tamén, se adxunta en formato PDF ao final desta publicación.
Xunto co ANEXO I cuberto deberase entregar copia do libro de familia (se a existente no centro está desactualizada).
Como hai que presentar dita documentación?
Pódese cubrir e presentar de 3 xeitos diferentes:
1. Cubrila manualmente e devolvela cuberta antes do día 5 no noso centro (podedes mandala polxs vosxs fillxs).
2. Cubrila telemáticamente, imprimila e presentala no noso centro (clicando no seguinte enlace accederás á aplicación admisionalumnado)
3. Cubrila na aplicación e presentala en Sede Electrónica. Para dito trámite precísase a Chave365 ou o certificado dixital.
O alumnado que opte por outro instituto diferente ao adscrito ao noso centro non deberá cubrir dita documentación.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Solicitude_gal.pdf | 919.51 KB |