"I eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas..." Rosalía de Castro
NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas e, por esta razón, estivemos a realizar diferentes experimentos e prácticas científicas durante dito mes que nos axudaron a ampliar o noso coñecemento neste ámbito.
A continuación, se clicades sobre a seguinte fotografía podedes visualizar o documento no que explicamos cada un dos experimentos.
En Educación Infantil estiveron a argallar co magnetismo
En Educación Primaria traballaron coa densidade dos líquidios, a volatilidade, os circuítos eléctricos e a gravidade.
O alumnado de 5º e 6º creo postais de Nadal con luces!! Quedaron preciosas!!
Pasámolo moi ben mentres aprendimos moitas cousas novas!!!