CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
"DÍA DA PAZ" Os nenos "Talibé" do Senegal. (30 - 01 - 2023)
No día de hoxe, Miguel e Alfonso, da ONG de Sarria "Hospitaleiros sen fronteiras" achegáronse ao noso centro para falarnos dos nenos "Talibé" do Senegal e contarnos a súa experiencia solidaria nese país.
Trátase dunha pequena organización de Sarria na que as persoas que a forman, de xeito voluntario, empregan tempo e traballo para poder levar a estes nenos axuda en forma de alimentos, roupa, calzado ou material escolar.
Moitas grazas pola vosa visita e por amosarnos unha realidade tan diferente á nosa!