Proposta de actividades para 3º e 4º de Primaria 26/03/2020 CIENCIAS SOCIAIS

Ola amigos.

 

A estas alturas supoño que xa sabedes localizar tódolos estados membros da Unión Europea, non?

Que vos parece que ampliamos un pouquiño máis e agora imos con Europa (continente enteiro)?

A dinámica é  a mesma que na proposta anterior:

 

1º) Facemos o crebacabezas indo de menos dificultade (1) a maior dificultade (4).

2º) No Mapa de Europa aparece un signo de interrogación (?) e debemos buscar no listado alfabético o nome do estado.

3º) Por último, sobre o Mapa de Europa debemos colocar no territorio correspondente o nome do país.

 

Calquera dúbida ténica ou académica pode ser consultada no correo electrónico fbouso@edu.xunta.gal ou no teléfono 982870095.