EXCURSIÓN A VIGO

Os rapac@s de E.Primaria do cole, comezaron este derradeiro mes do curso moi animados.


                                             


E non podía ser doutra forma, pois todos e todas, profes e alumn@s , pasámolo xenial nesta viaxe a Vigo que realizamos o pasado venres día 01 de xuño.


Pola mañá visitamos o MUSEO DO MAR  ( fotos )


Logo fomos ver a Exposición Permanente NATURNOVA en Nova Caixa Galicia  e despois a xantar  ( fotos )


                                                        


Xa pola tarde embarcamos rumbo a MOAÑA nun catamarán no que a Capitana María deu permiso  para que todos os peques se puideran facer unha foto manexando o timón ( fotos )


                                             


Despois dunhas interesantes explicacións no porto de Moaña, tivemos uns animados xogos na praia... de seguro algún se bañaba de boa gana,aínda que houbo que conformarse con mollar os pés e xogar á beira da auga. Para rematar, regreso a Vigo, merenda en A Cañiza e volta para casa ( fotos )


Fantástico día... ata o tempo se puxo da nosa parte para poder disfrutar tanto ¡