"I eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas..." Rosalía de Castro
LETRAS GALEGAS 2012
Mural elaborado pola mestra e alumn@s de E.I.
Dúas actividades máis para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano ó escritor pontevedrés
VALENTÍN PAZ ANDRADE
O pasado mércores día 16 de maio,pola mañá, os alumn@s do 1º e 2º ciclos, foron á aula de informática para ver un power point elaborado pola mestra Sara Adrán sobre a vida e a obra de Valentín Paz.
Para ver as fotos desta sesión, picade aquí.
Xa pola tarde, todos os alumnos do colexio asistiron a unha representación na Biblioteca Municipal ofertada polo Concello de Bóveda.
Ás 15.30, todos puidemos desfrutar dunha sesión de contacontos titulada
OS CONTOS DO TITIRITEIRO e representada pola compañía
A XANELA DO MAXÍN
Para ver as fotos da sesión de contacontos, picade aquí.