COLOMBOFILIA

A COLOMBOFILIA consiste basicamente na afición, cría, coidados e adestramento de pombas, en especial, as mensaxeiras.                                                             


Inscritos no programa XOGADE da Xunta de Galicia, todos os nen@s de E.Primaria do colexio disfrutaron o pasado venres,día 11 de maio dunha sesión de colombofilia.


                                          


Un vídeo, visualización e explicacións sobre varias pombas e para rematar, solta dunha pomba mensaxeira, son algunhas das actividades que desenrolaron nas dependencias do colexio.


Para ver as fotos desta sesión, picade aquí.