CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
Rosalía de Castro
A grande poeta e novelista Rosalía de Castro é a que dá nome ao noso centro.
A autora de Cantares Gallegos, María Rosalía Rita de Castro naceu o 24 de Febreiro de 1837 en Compostela, pertenecente a unha familia da baixa nobreza galega pasou a maior parte da súa infancia en Padrón.
Casou con Manuel Murguía erudito cronista de Galicia ao que coñeceu en Madrid.
A súa importancia no panorama literario galego vén dada pola autoría dun dos primeiros libros escritos integramente en galego que significou o final dos séculos escuros . Falamos de Cantares Galegos.
A data da súa publicación (1863) marcou a conmemoración do día grande das nosas letras: O día das Letras Galegas, 17 de maio, data que se instituiu a partires da celebración do seu centenario en 1963.
Precursora da modernidade poética xunto con Bécquer, compuxo tamén obras de grande relevancia en castelán como foron La Flor , A mi madre e a súa derradeira obra mestra En las orillas del Sar.
Follas Novas é o título da súa derradeira colección de poemas en galego publicada en 1880.
Morreu aos corenta e oito anos na súa casa de Padrón e os seus restos repousan no Panteón de Galelos Ilustres na Igrexa de Santo Domingo de Bonaval en Santiago de Compostela.