CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
O PAZO DOS MARQUESES
O PAZO DOS MARQUESES DE VILLANUEVA DE LÍMIA.
Atópase no barrio de " O Souto " onda a estrada que vén de Quiroga.
É un pazo do século XVIII , actualmente unha residencia privada.
Os planos foron obra do arquitecto Domingo Lois Monteagudo,autor da fachada da Acibecharía da Catedral de Santiago, e rompe o estilo barroco característico dos pazos galegos.
Na fachada loce unha bonita solaina onde arcos,columnas e balaustrada de ferro, en contraste cos corpos laterais macizos,crea unha grata sensación que nos lembra aos palacios italianos.
Nas esquinas, reloxos de sol, e no lousado cataventos compoñendo galos.
Rodeado de buxos centenarios, cedros altísimos, tileiras e ata unha sequóia xa velliña.
Dentro, amplos salóns decorados con pinturas, cadros e mobles de diferentes estilos.
Castinande decorou unha das salas con sete cadros ao fresco sobre a vida de D.Quixote. Son como cromos en debuxos coloreados. Nun, asina o pintor como Juan de Castinande. Noutro pon o seguinte : " En 23 días dibujó y pintó Castinande estos siete cuadros en mayo de 1.834 ".
Na cociña todo é grande : aparadores, mesa, chimenea, en contraste cos pequenos detalles dos espellos ou da louza de cores. Unha cornisa de cantaría encuadra o teito.
O pazo acusa tristemente os anos : esborrállanse teitos e pinturas, ten pingueiras, apenas luz...
Está no barrio do Souto rodeada doutras casas tamén lindas e de fontes.
É un dos poucos monumentos do noso concello.