UN TROVADOR NO CONCELLO DE BÓVEDA.

UN TROVADOR NO CONCELLO.                                                                

Vindo de Monforte, comeza o concello de Bóveda xusto despois da Serra de Freixo.Despois, de fronte para a esquerda érguese nun pequeno outeiro Vilalpape. Logo vén a Áspera e por fin Ver, porta da chaira deste concello.

Alá polo século XIII un trovador cantou grazosamente así :

" A Santa María fiz ir meu amigo

e non lle atendi o que pós conmigo,

con el me perdí,

porque lli mentí "

Trátase de PERO DE VER . Hai eruditos que o consideran bernés e afirman tamén que a súa vida transcurriu no País Vasco.

Amor Meilán defendeu a natureza luguesa de Pero de Ver, do que se conservan 8 cantigas, dúas de amor e seis de amigo ( o obxectivo de ambas é o amor ) que están gardadas nos Códices de Colocci-Brancuti  e da Vaticana.

Nos cancioneiros medievais figura como VEER ou BEAR, e o lugar, xa no século IX aparece como VAER, así que as derivacións levan sempre a este grupiño de casas arrodeando un castro dominado pola igrexa e baixo o que aínda se conserva a Casa-Torre coa súa balconada de cantaría.

Para nós non cabe dúbida de que o poeta naceu aquí. En dúas cantigas súas aparece o nome de " XULIÁN" como poderedes observar nestas estrofas musicadas polo grupo "O Trícole " ( Sober ).

" Des que o vi en Julhan un día,

 a me non leixan como soía

 a Santa María ir ,

poid mi non leixan ir "