PARA A LECTURA LEO CON GRINCon esta app temos unha cartilla interactiva moi fácil de empregar. Podemos facer o noso propio avatar e avanzar na lectura en forma de xogo (Grin ten que ir pasando as fases, conseguindo froitas para que os seus amigos alien medren).
EL TREN DEL ALFABETO DE LOLAO obxectivo do xogo é que Lola lles leve regalos aos seus amigos pasando por diferentes niveis ou fases. Para elo, a app ofrécenos diferentes xogos.
GALEXIAEsta app foi creada pensando nos nenos con dislexia pero é útil para primeiros cursos (nos que iniciamos e asentamos a lectura). Comeza coa lectura de sílabas , tanto directas (sa,pa,ma...), inversas (as,am.al...) como lectura de sinfóns (pla,pra,bla...) . Continua con palabras e finalmente textos.
Se a descargades, veredes que está dividida en tres bloques (segundo a idade da nena ou neno).
PARA AUMENTAR OU REPASAR VOCABULARIOCANLE DE YOUTUBE DE EUGENIA ROMERO (mestra de Audición e Linguaxe)
Enlace para o canle de Eugenia Romero
Poderedes atopar moitos vídeos interesantes para traballar (non só de vocabulario). Déixovos algúns exemplos de campos semánticos co seu correspondete enlace:
Para as profesións ,
animais,
escola,
medios de transporte ...
PÁXINA WEB DA FUNDACIÓN DA LINGUA ESPAÑOLADéixovos unhas
adiviñanzas sobre palabras de diversos campos semánticos (alimentos, partes da casa...). Están feitas por nenos e nenas e adoitan triunfar no cole!
As adiviñanzas son un recurso xenial para aumentar vocabulario dun xeito divertido. Animádevos e facede as vosas :)
PÁXINA WEB APRENDER ESPAÑOL
Podedes atopar moitos campos semánticos. A dináminca é sempre a mesam, ensina unha foto e tes que escoller de que se trata. O exemplo que vos deixo corresponde ao vocabulario da casa:
Pincha aquíSEÑORA VOCABULARIO
Unha app moi sinxela onde nos paarecen diferentes categorías gramaticais (froitas, cores, medios de transporte...)
PARA CREAR ORACIÓNS
LA TÓMBOLA DEL LENGUAJE
Como vedes, comporíamos oracións de forma oral.
Na segunda imaxe aparécenvos catro categorías gramaticiais ; cando lanzades o dado, escóllense catro de cada unha de forma aleatoria (serán coas que fagades a oración) que son as que aparecen na terceira imaxe (a nena escribe letras na aula). Como vedes, reponden as preguntas : quen? que fai? onde o fai?.
Ás veces salen unhas burbullas en lugar dunha imaxe, eu o que fago é inventar esa parte. Por exemplo, se en lugar dunha nena me aparece unha burbulla invento o personaxe (o agricultor escribe letras na aula). Como vedes, podemos inventar frases que non teñen moito sentido e iso podemos expresalo (que ía facer un agricultor nunha aula?). Aos nenos e nenas gústanlle que saían este tipo de producións absurdas e sempre aclaramos que o son.
PARA MEMORIA E ATENCIÓN
JUEGO DE MEMORIA VISUAL
Esta é unha app sinxela onde traballamos a atención e memoria visual.
JUEGO DE MEMORIA DE ANIMALESTrátase dunha app que nos ofrece memories en diferentes niveis, sempre dentro do campo semántico dos animais.
ENCUENTRA LAS 10 DIFERENCIASHai milleiros de app para buscar as diferenzas, podedes escoller a que máis vos guste e máis se adapte aos vosos intereses e idades. Son un recurso fantástico para traballar a atención.
384 PUZZLES PARA NIÑOS
Con esta app entrenamos a memoria e a atención ó mesmo tempo que traballamos diferentes campos semánticos (animais, comida, partes da casa, ferramentas...)
ESPERO QUE SEXAN DE UTILIDADE!!