O autor de O GATO FANTASMA, Xelís de Toro, desenvolveu unha actividade de animación á lectura na biblioteca do centro.
O argumento do seu libro lido polos alumnos e alumnas de 4º EP xira arredor de Rolo e Pestiña que son moi amigos, que non noivos, e sempre ao saír da escola van xuntos para casa. Pero aquel día en que todo comezou, Pestiña non daba chegado á praza do camelio, onde sempre quedaban. Mentres Rolo agardaba comezou a chover; estábase poñendo coma un pito. Logo dun anaco viu aberto un portal dunha casa e foi correndo a refuxiarse. Dende alí vería ben a Pestiña. Rolo nunca reparara nese portal, que máis ben parecía unha cova. E Pestiña sen aparecer! De repente Rolo escoitou un ruído ás súas costas que o asustou: era un gato cun ratiño na boca. Sería o gato do que todos falaban no recreo, o tal Rabudo, o que lle podía a un pastor alemán? A partir dese encontro entre Rolo e o gato fantasma todo comezou a cambiar…
Xelís de Toro rematou asinando exemplares do seu libro.