Skip to Content

Curso 2014-15

CONCERTO DIDÁCTICO - JOFRE

Ao longo do pasado mes de maio, alumnado de EI e EP asistiu aos concertos didácticos que tiveron lugar no teatro Jofre. Trátase dunha iniciativa na que colaboran o Concello de Ferrol e a Escola de Música BellónMaceiras co obxectivo de achegar a música tradicional galega aos nenos e nenas desde un punto de vista educativo e participativo.

Estas son algunhas das opinións dos máis noviños do cole (4º de Educación Infantil):

"A min gustoume a gaita".

"A min gustoume o tambor".

"Gustoume cando acabou porque dimos un aplauso".

"Había dous rapaces subidos no escenario".

"Ía moito vento polo camiño".

"Facían música cuns zapatos".

 

ENTREGA PREMIOS BIBLIOTECA

Como todos os anos e como peche ás actividades da BIBLIOTECA foron entregados agasallos aos alumnos e alumnas que colaboraron no seu funcionamento.

A maioría dos nenos e nenas  de sexto de primaria recibiron un diploma cun agradecemento por atender os empréstitos e devolucións nos recreos durante todo o curso, establecendo quendas e coa supervisión dunha profesora do equipo.

 Recibiron premios especiais  os seguintes rapaces:

 Aarón de 1ºB por asistir asiduamente a ler  durante os recreos cunha actitude exemplar.

Sofía de 5º B por ser a alumna que máis libros  desta biblioteca leu no presente curso.

Lucas e Kevin de 6ºA por asistir case a diario, voluntariamente e fóra das súas quendas,  dispostos a resolver as dúbidas dos usuarios.

 Parabéns a estes nenos e nenas que aportaron parte do seu tempo para que a nosa BIBLIOTECA funcione cada vez mellor. 

Zongalo Quirico convídavos a seguir o seu exemplo.

AS NOSAS PRESENTACIÓNS - 4º A

 

 

RASTROS E SINAIS

O día 13 de maio os nenos e nenas de 5º de primaria asistimos na Aula de Ecoloxía Urbana ao obradoiro “Rastros e sinais” no que nos explicaron como saber que animais salvaxes habitan nun lugar observando os sinais que deixan, xa que é moi difícil velos porque se agochan ante a presenza das persoas.

Os rastros que podemos observar son as súas pegadas no chan, restos de comida, excrementos, cunchas, plumas e mesmo esqueletos dos propios animais mortos.

 Ao rematar as explicacións gravamos  en escaiola pegadas de raposo, merlo, gato, ourizo e cunchas que nos mostraron en arxila e que foran recollidas do chan en varios lugares.

 

Resultou unha actividade moi interesante.

OBRADOIRO ASPANEPS - 6º EP

   O xoves día 7 e o venres 8 de maio tivemos a visita da asociación ASPANEPS, que como todos os anos ensináronnos, co proxecto “PONTE NO MEU LUGAR”, as dificultades coas que se encontran moitas das persoas que nos rodean, e  das que nós non eramos conscientes.

   Pasamos unha xornada moi agradable con eles e aprendimos moito.

   Regaláronnos unha axenda e unas chapas feitas por eles e decoradas por nós.

Enlace á galería de imaxes.

   Ao final, Xeila leunos un poema que nos fixo cambiar un pouco a nosa forma de pensar…

CORRELINGUA 2015

 Os alumnos e alumnas de 2º e 5º de primaria, asistimos no Pazo da Cultura de Narón á edición 2015 do CORRELINGUA, unha proposta de carácter lúdico-educativo na que participamos milleiros de rapaces e rapazas en moitas localidades de Galicia e coa que se nos convida  a exercer como galegos e galegas a través do uso do noso idioma e garantir o seu futuro.

 Atopámonos alí  nenos e nenas de moitos colexios de Ferrol e Narón e todos xuntos fixemos unha marcha para reivindicar o noso dereito a medrar en galego, participamos nunha sesión de xogos populares e asistimos no Auditorio a un contacontos e á actuación do músico galego Paco Nogueira que nos fixo bailar coas cancións do seu disco Brinca vai!

 

 

 

 

 

 Defendimos a nosa lingua dun xeito moi divertido.

 

SAÍDA POLO BARRIO DA MAGDALENA - 2ºEP

Visitamos o Concello, onde nos recibiron a concelleira de Educación e o alcalde. Estivemos na Sala de Recepcións, na Sala dos Alcaldes e no Salón de Plenos.

Logo fixemos un percorrido para ver algunha das casas proxectadas por Rodolfo Ucha (importante arquitecto modernista ferrolán) como: a Casa Pereira, a Casa Romero, o Casino Ferrolán...

Tamén estivemos na Praza de Amboaxe e nos Xardíns de Herrera, dende onde tiñamos unha preciosa vista da ría de Ferrol e do Arsenal.

TEATRO: O ESPANTALLO AMIGO (2° CICLO)

Os alumnos/as do 2° ciclo de EP asistiron ao Jofre á representación teatral O ESPANTALLO AMIGO, adaptación dunha obra de XOSÉ NEIRA VILAS.

A historia do espantallo amigo trata dun vello que se chama o tío Ramón. Ten unha figueira cos mellores figos da vila. Pero ten un problema, os merlos pápanos todos. Entón fixo un espantallo, o espantallo fíxose amigo de todos: do can Penexo, do gato Xirimía, do grilo e ata dos merlos.

Todos levábanse xenial!

O espantallo un día decatouse de que había xente que estaba a pasalo moi mal, entón o espantallo sacrificouse e deulle todo o seu corpo e a súa roupa a uns nenos.

Pero quedou nos nosos corazóns.

Marina Pajón, 4°A

EXCURSIÓN DE 5º DE PRIMARIA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O día 15 de abril, os nenos e nenas de 5º de primaria fixemos unha excursión a Santiago de Compostela e visitamos o Parlamento de Galicia, a catedral e o Museo Pedagóxico Galego.

O Parlamento de Galicia é unha institución que representa a todos os galegos e galegas. Está composto por 75 deputados e deputadas elixidos por  un período de catro anos, por todos os cidadáns de Galicia maiores de idade inscritos nunha listaxe chamada censo electoral.

O Parlamento ten, entre outras, as seguintes funcións:

  • Aprobar as leis de Galicia.
  • Controlar que o Goberno galego, chamado Xunta de Galicia, exerza a súa función.
  • Elixir ao presidente da Xunta.
  • Aprobar os presupostos.

Cando chegamos, percorrimos o edificio que nos pareceu maxestuoso. Estivemos nas salas de reunión dos grupos políticos representados no Parlamento, e na biblioteca fixemos unha representación dun debate como se nós fósemos deputados e deputadas.

Finalmente vimos un pleno en directo desde unha tribuna.

Despois da visita ao Parlamento comimos e xogamos na alameda e pola tarde visitamos a Catedral de Santiago.

 Finalmente, fomos ao Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA), donde vimos como eran os xoguetes que utilizaban os nosos avós e bisavós, como eran as súas aulas, sentámonos nos seus pupitres e escribimos nas pizarras que utilizaban. Explicáronnos tamén como os nenos e nenas  daqueles tempos se reunían nalgunhas casas para aprender a ler e escribir, cando non tiñan escolas cerca.

Pasámolo moi ben e ademais aprendimos moitas cousas.

VISITA DO ILUSTRADOR JACOBO FERNÁNDEZ - 2ºEP

Os nenos e nenas de  2º recibimos a visita do escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano, autor da serie de cómic "Marcopola". 
Marcopola é unha illa remeira que vive interesantes aventuras cos seus amigos: Libro, Lúa, o tío Pis... e tamén cos que non son tan amigos, como é o caso de Demoneta.
 
Na clase lemos os dous primeiros libros desta colección e gustáronnos moito. Xa lle demos alguha ideiña a Xacobo para os próximos números...
 
Este ilustrador galego debuxou para nós algúns dos personaxes e deixounos a súa dedicatoria. Moitas grazas, Jacobo!
Distribuir contido


by Dr. Radut