Skip to Content

EP Curso 2021-22

O ALUMNADO DE 2º CREAMOS UNHA CURTA DE ANIMACIÓN!

O alumnado de 2º, xunto cun grupo de profesorado, participamos no programa de dinamización lingüística "Nós tamén creamos!".

A nosa profe tróuxonos o conto "RATO TOM E RATA TOMASA" e a continuación:

  • Lémolo, dramatizámolo, fixemos debuxos...
  • Elaboramos todo o material necesario para poder recrear os personaxes e os escenarios.
  • Gravamos as voces correspondentes á narración e aos diálogos.
  • Coa axuda dun programa informático démoslle vida aos personaxes e o resultado foi a seguinte curta de animación.

Canto gozamos con este proxecto!

 

VIAXE DE 6º A ALVARELLA

O alumnado de 6º realizou unha viaxe a Alvarella, albergue en Vilarmaior, os dous últimos días do mes de maio.

A estancia incluiu diversas actividades (visita ao castelo de Andrade, tiro con arco, rocódromo, xogos, "slacklining", ...) e comida moi saborosa!

Pasárono tan ben que se lles fixo moi curta a excursión!

As fotos (e un par de vídeos) atópanse na galería, no álbum ""Alvarella 6EP maio 22".

TEATRO NO AUDITORIO: A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ

O martes 26 de abril, fomos ver unha obra de teatro moi, pero que moi divertida: "A nena e o grilo máis aló" (montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos). Fomos desde  os máis pequenos ata os máis grandes.

Nesta actuación os actores baixaron a animar ao público e tamén nos facían participar nas cancións.

Á maioría de nós gustounos moitísimo e despois volvemos andando ata o colexio,  observando o que iamos vendo polo camiño, aprendendo así moitas cousas máis.

Para rematar, a actriz e os actores decidiron facer o seguinte "selfie" con todo o público e que posteriormente foi publicado no facebook.

 JGR, 6ºB

CINE: VALENTINA

O luns, 14 de marzo, o alumnado desde 2º ata 6º fomos ao auditorio de Ferrol para ver a película “Valentina”.

A protagonista é unha nena que ten síndrome de Down.

O seu soño era ser trapecista pero pensaba que non podía por ter síndrome de Down.

Tiña unha avoa que lle ensinaba moitas cousas cantando. Un día a avoa marchou de viaxe ao lugar dos que nunca esquecemos. É moi amiga de “Chiqui”, un ratiño moi pequeno. Valentina ensínanos a perseguir os nosos soños.

Tamén coñecemos a Chelo Loureiro, a directora da película, que gañou un"Goya".

Texto e debuxos: alumnado de 4º EP

 

VISITA DE ÉRICA ESMORÍS

Na clase de 4º estamos lendo un libro en galego que se titula "Patio de luces".

O xoves, 3 de marzo, visitounos no cole a autora, Érica Esmorís.

Falounos de como a súa infancia influiu á hora de escribir este libro.

Comentounos o moito que lle gusta ler e escribir.

Propúxonos uns xogos sobre o libro e contestou as nosas preguntas.

E tamén asinou os nosos libros.

Estivo moi ben!

Acceso ás fotos na galería, no álbum "Visita Érica Esmorís" ou premendo na seguinte imaxe.

 

EXPOSICIÓN "NUESTRO PLANETA" (AFUNDACIÓN)

O martes, 18 de xaneiro, o alumnado de EI e 2º EP visitou a exposición "Nuestro planeta" de Afundación. 

Foi unha visita guiada e incluiu a narración dun conto.

O obxectivo desa exposición era amosar a beleza natural do planeta Terra e incidir na importancia do coidado do medio ambiente. 

Había fotografías, elementos interactivos e a curtametraxe "Lemon".

Despois da visita aproveitamos o bo día que facía para "merendar" e xogar no parque no Cantón.

MURAL DE OUTONO - 2º EP

Os alumnos e alumnas de 2°EP traballaron o outono e como resultado fixeron este mural. Ademais  aproveitaron e saíron pola contorna do centro para recoller  follas e desfrutar do bo tempo.

Premer na imaxe do mural para acceder ás demais fotos publicadas na galería.

OBRADOIRO RCP

O venres 15 de outubro de 2021 fixemos unha excursión todo o alumnado de 5º e 6º. Fomos á Praza de Armas, diante do concello, para que nos ensinaran como facer unha Reanimación Cardiopulmonar (RCP).

Déronnos unha charla xa que o sábado era o día mundial da RCP. É moi importante, tería que saber facelo todo o mundo, pequenos/as e tamén os maiores.

Algunha xente preguntarase que é a RCP. Pois consiste en facer uns movementos coas mans para que se a alguén se lle para o corazón se lle poida axudar mentras non chega a ambulancia.

Tamén nos deron unha camiseta e unha bolsa moi chulas.

J.G.R., 6ºB 

 

 

ACTIVIDADE CON MOTIVO DO DÍA EUROPEO DA PARADA CARDÍACA

O día 16 de outubro é o Día Europeo da Parada Cardíaca e utilízase para concienciar sobre a importancia de que todo o mundo saiba aportar SVB (Soporte Vital Básico) en caso de parada cardíaca.

A proposta da Fundación Hipocrática galega e o Colexio Oficial de Médicos da Coruña realizarase un adestramento masivo sobre RCP en Ferrol que terá lugar na praza de Armas e no que participará o noso alumnado de 5º e 6º de EP.

  • Haberá 50 postos de adestramento con manequín, simulador DESA e adestrador (persoal do 061, docentes certificados, persoal de protección civil, outros sanitarios en activo…).
  • 4 alumnos/as por posto.
  • Obrigatorio o uso de máscara e distancia entre grupos.
  • Kit de desinfección en cada posto de adestramento. 

As familias están convidadas a achegarse e participar nos postos que queden libres na segunda quenda (de 13'00 a 13'30) ou ao remate desta.

Distribuir contido


by Dr. Radut