Estancia de 3 días en Alvarella
- Andaina polas Fragas do Eume.
- Estampado de camisetas.
- Velada: "Romanos" contra "Castrexos". (Unha "loita" con armas moi sofisticadas: xiz, cordas e pinzas da roupa.)
Martes 14 de xuño:
- Enerxía (paneis fotovoltaicos, paneis térmicos, forno solar), bioconstrución e reciclaxe.
- Repostería: Elaboración de magdalenas que, por causa do mal tempo, non se puideron facer no forno solar.
- Elaboración dun ambientador.
- Piscina. (Despois de tanto desexalo conseguimos ver o sol!)
Mércores 15 de xuño:
- Piragüismo (Club Firrete Pontedeume). (Enlace ao vídeo)
- Avaliación da estancia.
Se a estas actividades unimos as boas condicións xerais do albergue, o bo facer dos monitores/as, a riquísima comida e a marabillosa experiencia de convivencia... temos como resultado unha excursión XENIAL!
Rapazas e rapaces de 6º... BOA SORTE E ATA SEMPRE!