Visita do alumnado de 6º EP ao CIFP "FERROLTERRA", como actividade incluída dentro do programa ATRÉVETE.
Este programa desenvólvese no marco do Plan eduemprende e vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado (6º EP e ESO) no espírito emprendedor.
Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e diferentes asociacións empresariais.