Skip to Content

Prom. 2018

FAMILIAS NA AULA 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> FAMILIAS NA AULA 6ºB EI

Ademais de contar o noso conto na biblio, para celebrar a importancia dos libros nas nosas vidas estamos contando coa participación de mamis, tías, avoas, ... que veñen a contarnos e lernos contos na aula.

Pasámolo xenial! Así que, aínda que rematara a semana do libro, seguimos escoitando os seus contos. Como agradecemento facémoslles un agasallo debuxando algo do conto que nos traen e algunha sorpresiña máis.

Nesta ocasión contamos coa mamá e a tía de Meijia (o venres) e a mamá e a avoa de Liah (o xoves 3).

SEMANA DO LIBRO EN 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> SEMANA DO LIBRO 6ºB EI

Na semana do libro participamos nas actividades da biblioteca transformándonos en pirañas. A unhas gustáballes a froita e a outras non. Conseguiuse que estas últimas probasen a froita e viran que estaba moi boa.

Despois do conto, papamos a froita que tiñamos para contar o conto "As pirañas non comen bananas".

POÑÉMONOS EN FORMA 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> CLASE DE PSICOMOTRICIDADE 6ºB EI

Co noso calendario de merendas saudables, co circuíto de exercicios do patio e coas clases de psicomotricidade poñemos en práctica a nosa premisa de vida saudable para medrar sans. Apuntádevos á comida saudable e ao exercicio veredes como vos sentides mellor.

ANIVERSARIO DE LIAH 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> ANIVERSARIO DE LIAH 6ºB EI

Despois do concerto didáctico, FESTA!! Celebramos o aniversario da nosa compañeira Liah! Moitos parabéns, amiga!!

Distribuir contido


by Dr. Radut