Skip to Content

Prom. 2018

FAMILIAS NA AULA DE 6ºB EI (2)

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> FAMILIAS NA AULA DE 6ºB EI (2)

Seguimos cos contos dos pais e nais do alumnado de 6ºB EI. Nesta ocasión contamos coa mamá de Dilan (venres 3) cun conto tradicional da literatura infantil hispana.

O luns 6 contamos co papá de Mouhamed que nos contou unha historia tradicional africana titulada Por que os cans viven co home.

Foron fantásticos e quedan as portas abertas para aqueles que queiran participar ou repetir unha segunda vez.

MURAL PARA O CONCURSO "DEBUXANDO A NATUREZA" 6º EI

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> CONCURSO "DEBUXANDO A NATUREZA" 6º EI

O grupo naturalista Hábitar e Coawa convocaron un concurso para elaborar un mural coa flora e fauna da presa de Cecebre. As aulas de 6º de infantil apuntámonos e estamos á espera da resolución do xurado.

Desexádenos moita sorte!!

CICLO DOS VERMES DE SEDA 6ºB EI

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> VERMES DE SEDA 6ºB EI

No mes de marzo empezaron a nacer os oviños que puxeran as bolboretas a finais do curso pasado. Así empezou o novo ciclo biolóxico destes bichiños.

Alimentámolos coas follas da nosa moreira porque non comen outra cousa. Medran moi rápido e agora, despois de encerrarse nas súas casiñas nas que se producirá un proceso máxico, estamos agardando a que saian eses vermes transformados en bolboretas e que poñan ovos, de novo, para poder coidalos o vindeiro curso.

Desta vez temos pensado facer un traballo especial cos capullos. A ver se nos queda chulo.

PARTICIPAMOS EN VOZ NATURA 6ºB EI

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> VOZ NATURA 6ºB EI

Despois de ter plantado as nosas cebolas, agora temos que coidalas e a ver se conseguimos recoller algo de proveito. Así, despois duns días de sol, tivemos que regalas para que sigan medrando.

Probamos os amorodos do horto que estaban boísimos!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut