Skip to Content

Prom. 2017

PARABÉNS CINDY E IVANNA

Álbum: Educación Infantil 2021-2022 -> Aniversarios Cindy e Ivanna

No mes de xaneiro, cumpriron xa 5 aniños as nosas amigas Cindy e Ivanna. Moitos parabéns!Sorriso

APRENDENDO SOBRE A PAZ

Álbum: Educación Infantil 2021-2022 -> PAZ 4 anos

O 30 de xaneiro conmemórase o día da PAZ. Nós na aula levamos dúas semanas traballando sobre esta tema e coñecendo a grandes personaxes que destacaron pola súa loita pacifista: Greta Thunberg, Gandhi, Wangari e Malala.

Estas persoas conseguiron cambiar o mundo con pequenos actos e nós tamén quixemos contribuír a nosa maneira...plantamos sementes como Wangari, falamos de ecoloxismo como Greta, de solución de conflitos da aula como Gandhi e a importancia da educación como defendía Malala e o seu lema: Un mestre, un neno e un lapis poden cambiar o mundo!

Non vos preocupedes que pronto levaran o libro para a casa e o podedes ver con tempo.

Ah, ademais contribuímos a facer unha gran "xesta" no mural no que participou todo o cole feito con palabras bonitas pola paz.

 

 

ANIVERSARIO ALMA

Álbum: Educación Infantil 2021-2022 -> Aniversario Alma

Parabéns Alma!

Foi un aniversario xenial cuns biscoitos riquísimos.

Felices 4 aniños

BADALADAS EN 4 ANOS!

Álbum: Educación Infantil 2021-2022 -> FIN DE ANO EN 4 ANOS!

O 2021 chega ao seu fin e na clase celebramos a festa de fin de ano. Preparamos os nosos 12 gusanitos para as badaladas, bailamos, degustamos doces do Nadal... como vedes, houbo tempo para todo! FELIZ ANO FAMILIAS! Vémonos o 10 de xaneiro!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut