Skip to Content

APRENDENDO SOBRE A PAZ

Álbum: Educación Infantil 2021-2022 -> PAZ 4 anos

O 30 de xaneiro conmemórase o día da PAZ. Nós na aula levamos dúas semanas traballando sobre esta tema e coñecendo a grandes personaxes que destacaron pola súa loita pacifista: Greta Thunberg, Gandhi, Wangari e Malala.

Estas persoas conseguiron cambiar o mundo con pequenos actos e nós tamén quixemos contribuír a nosa maneira...plantamos sementes como Wangari, falamos de ecoloxismo como Greta, de solución de conflitos da aula como Gandhi e a importancia da educación como defendía Malala e o seu lema: Un mestre, un neno e un lapis poden cambiar o mundo!

Non vos preocupedes que pronto levaran o libro para a casa e o podedes ver con tempo.

Ah, ademais contribuímos a facer unha gran "xesta" no mural no que participou todo o cole feito con palabras bonitas pola paz.

 

 



album | by Dr. Radut