Álbum: Educación Infantil 2021-2022 -> NADAL EN 4 ANOS
Na clase de 4 anos xa chegou o Nadal! E para celebralo, decoramos a nosa aula e fixemos unha deliciosa merenda con motivos do Nadal!
Pero non só iso; esta semana estivo chea de emocións para nós! Recibimos a visita do Apalpador e dos Reis Magos; tal foi a nosa ilusión que, como ben dixo un compañeiro "tremíanme os dentes do nervioso que estaba!".
Deixáronnos un montón de cousas, queredes saber cales? pois botádelle un ollo ás fotos e as descubriredes!