Ola!
Ao comezo do novo ano aquí seguimos con todos vós!
Esta vez para presentarvos libros e contos relacionados co DÍA DA PAZ.
Ademais... NOVOS LIBROS DE ARQUITECTURA! Non deixedes de pasar polo andel de Novidades. Vos esperan libros moooi interesantes sobre todo tipo de construcións!
Esperámosvos!!
Despois de moito traballo fomos capaces de descifrar a mensaxe que nos enviou Teo para así poder ver a película deste Nadal! O resultado foi atoparnos coa canción de O Apalpador de Mamá Cabra.
Recén saída do forno! Esperamos que desfrutedes coa revista. Pincha na imaxe para acceder ou descárgaa pinchando no adxunto.
Con este vídeo pretendemos felicitar as festas tanto aos nosos compañeiros e compañeiras doutras aulas como a toda a comunidade educativa. Aínda que non esteamos tan xuntos como nos gustaría, sentimos a vosa cercanía.
Unha aperta e felices festas!
Como todos os anos, o equipo da biblioteca creou unhas recomendacións lectoras para facilitar a vosa escolla neste Nadal. Non hai mellor agasallo ca un libro!
Pinchade no enlace adxunto para acceder.
Ola de novo rapazas e rapaces do Ceip de Randufe!
Aquí vos presentamos as últimas novidades chegadas á nosa Biblioteca.
Se vos gusta a natureza estades de sorte, hai libros moi interesantes para ampliar os vosos coñecementos.
Tamén hai libros sobre Galicia, libros con cancións, con chistes e con divertidas e intrigantes historias.
Botade unha ollada ao andel!
Seguro, seguro que vos gustarán!
Ola! Lembrádesvos de min? Son Teo, e se queredes saber como ver a película que temos preparada para este Nadal, seguide as instrucións que aparecen no seguinte vídeo. Vémonos!
Deixámosvos uns recursos para utilizar nestas datas. Esperamos que vos gusten. Pinchade na imaxe para acceder.
Presentámosvos varios recursos que se poden utilizar para traballar aspectos como a igualdade, o empoderamento, o respecto e a empatía. Pinchade na imaxe para acceder.
Co gallo do mes da ciencia, tivemos na entrada da nosa biblioteca esta exposición tan interesante acerca das diferentes ramas da ciencia: astronomía, botánica, bioloxía, física...
Ademais, ampliamos a exposición da entrada do noso PDI "Construímos?", incluíndo a temática na que nos centramos este mes da ciencia: AS PONTES. Pouco a pouco irase enchendo coas pontes creadas dende as diferentes aulas.