E chegou o día… O pasado luns 23 de Outubro abrimos a biblioteca do noso colexio.
Tivemos unha pequena presentación na que o alumnado de 5º B leu un conto titulado “As palabras importan pouco, moito moitísimo” para os nenos e nenas de E. Infantil, 1º e 2º. Despois, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º visionaron unha curta que ten por título “Cadea de favores”, para introducir o proxecto deste curso.
Rematamos a sesión construíndo a nosa propia “cadea de favores” e, como non, levando AS MOCHILAS VIAXEIRAS.
Ola a todos e todas!
O vindeiro luns abrimos a BIBLIOTECA do cole e comezamos co empréstito de libros e as mochilas viaxeiras.
Esperámosvos.
Aquí temos á nosa rapazada desfrutando no RECANTO CREATIVO, deixando voar a imaxinación...
Xa estamos en marcha! Precisamos “Chiscoaxudantes” das aulas de 5º de E.P. que queiran colaborar nas tarefas da biblioteca escolar durante este curso.
Esperámosvos!!
Contactade connosco antes do día 16 de Outubro.
Benvidos a todos e todas a este curso que, un ano máis, comezamos con moita ilusión e enerxía. Nesta ocasión queremos levar a cabo un proxecto para traballar a convivencia e o bo clima no noso colexio, titulado “Así convivimos no CEIP de Randufe”. Ao longo do curso presentaremos actividades que nos axuden a reflexionar e a actuar para acadar un ambiente agradable e de respecto no noso centro, para vivir en paz e harmonía, en definitiva, para ser felices na escola.
Un ano máis presentámosvos a Guía de lectura do Nadal con propostas de libros para pedir aos Reis Magos, ao Apalpador ou a Papá Noel.
A LECTURA DUN BO LIBRO PODE SER MÁXICA.
Boas festas!
Para crear unha sociedade libre de violencias contra as mulleres, faise necesario traballar a igualdade de xénero dende a escola. Este ano, baixo o lema "A IGUALDADE ESTÁ NAS NOSAS MANS" , traballamos esta temática nas titorías e rematamos cun "Obradoiro de mans" conxunto, onde cada un/unha de nós expresamos o noso rexeitamento á violencia de xénero.
Tamén contamos cun recanto de libros sobre o tema na entrada.
Xunto co equipo de D.L. creamos un espazo na nosa escola con libros sobre esta temática, accesibles para toda a comunidade educativa e onde se ilustra a biografía destes científicos, traballada nas aulas.
Estas son as algunhas das novas adquisicións da nosa biblioteca!!
Achégate na hora de ler ou nos recreos e pasa un rato entretido connosco!!