Novidades na nosa Biblioteca

Bo día rapazas e rapaces de Randufe!

Aquí estamos de novo para presentarvos unhas interesantes novidades lectoras. 

Animádevos a pasar polo andel, descubriredes libros con historias increíbles!!

 

!

MALETA VIAXEIRA

       Atención rapazas e rapaces, profes, mamás e papás: temos, recén chegada ao noso centro A MALETA VIAXEIRA DE CREACIÓN ARTÍSTICA, emprestada polo CEFORE. Terémola durante un mes connosco para que poidamos aprender, crear, investigar e divertirnos cos  marabillosos libros que contén.  Atoparédela no corredor da entrada. Desfrutádea!

 

 

NADAL NO NOSO COLE

       Un ano máis, chegadas estas datas, tivemos na nosa escola o "Cine polo Nadal", pero nesta ocasión, por segundo ano consecutivo, cun formato diferente debido á pandemia. Cada curso visionou na súa aula unha película...e sen flocos de millo.Triste

       Para conseguir as entradas para o cine, tivemos que superar diferentes probas, como, por exemplo, buscar as pezas agochadas pola clase para formar a figura do Apalpador.

       Pero, sabedes o mellor? Sabedes quen veu visitarnos? O mesmiño Apalpador xunto co Pandigueiro. Si, lestes ben. Cos seus contos e historias fixéronnos pasar uns bos momentos. Esperamos que volvan noutra ocasión.

 

 

 

Novidades na nosa Biblioteca

Bo día! 

Aqui vos deixamos novas propostas de lectura que atoparedes no andel de NOVIDADES da nosa biblioteca: libros sobre enigmas e xogos, preguntas e respostas sobre o mundo, retos de inxenio... e tamén, entre outros, algúns títulos das coleccións "Una casa de locos", " Dino Ruedas"...

Non deixedes de pasar por alí! 

GUÍA DE LECTURA DE NADAL

     Chegadas estas datas de agasallos, presentámosvos a Guía de Lectura deste Nadal con ideas para pedirlles aos Reis Magos, ao Apalpador ou a Papá Noel. A lectura sempre é un bo presente.

 

FELICES FESTAS!

Novidades na nosa Biblioteca

Ola de novo! Hoxe presentámosvos NOVIDADES recén chegadas á nosa Biblioteca. Se che gustan os XOGOS DE MAXIA, estás de sorte, bota unha ollada ao andel!

Ademáis, entre outros, hai  exemplares da colección "UNHA CASA DE LOCOS", Aventuras de DINOSAURIOS e MATEMÁTICAS DIVERTIDAS.

Non deixes de pasar pola nosa Biblioteca!!

 

Novidades na nosa Biblioteca

Bo día! Hoxe presentamos un andel con NOVIDADES. Non deixes de visitalo! Hai unha morea de libros curiosos e interesantes! 

Mes da Ciencia na Biblioteca

Bo día alumn@s do Ceip Randufe!

Aquí estamos de novo cunha interesante selección de libros. 

Se pasades polo andel que está situado na entrada do colexio atoparedes unha morea de libros para aumentar os vosos coñecementos sobre Ciencia e Tecnoloxía.

Animádevos!!

CHISCOXOGO 4

Ola rapaces e rapazas!!!!

Unha semana máis os "voluntarios" de sexto de primaria presentan un novo xogo para poder divertirnos nos tempos de lecer!!!!!!

 Moitas grazas!!

INAUGURACIÓN

Bo día! Son Chisco, a mascota da vosa biblioteca. Estou aquí de novo con todos vós para inaugurar a Biblioteca Escolar coa colaboración dos maravillosos Chiscoaxudantes! 

Non deixedes de ver o video de presentación! 

Tamén vos mostramos o "Libro xigante das palabras poderosas"  que construímos entre tod@s para amosar a importancia das palabras na nosa convivencia.

Moito ánimo! Hai unha morea de libros esperándovos!