NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA

Ola chic@s!

Aquí vos deixamos as últimas novidades chegadas á nosa Biblioteca!

Non deixedes de botarlle unha ollada a este andel. Hai libros mooooi interesantes e divertidos.  Esperámosvos!

OS CHISCOAXUDANTES XA ESTÁN AQUÍ!

Despois dunha primeira sesión de formación, os Chiscoaxudantes xa están na biblioteca facendo as súas labores. Grazas pola vosa axuda!

 

 

 
 
 

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS DE ARQUITECTURA

Aquí vos deixamos algúns dos libros que temos na Chiscobiblioteca relacionados co Proxecto que estamos empezando a traballar no centro. Iremos incorporando máis, así que estade atentas e atentos! Pinchade na imaxe para velos.

 

Normas biblioteca

Aquí vos deixamos unha infografía para que poidades repasar as normas da biblioteca, xa que este ano tivemos que introducir moitas novidades. Pinchade na imaxe para acceder ao texto completo.

 

Exposición do comezo do noso Proxecto Documental Integrado (PDI)

O vindeiro mércores será a inauguración da exposición do proxecto que imos traballar ao longo de todo o curso. Titúlase "Construímos?, e trata sobre a arquitectura (interrelacionándoa con todas as materias), e sobre a mellora dos espazos educativos. 

Certame literario: caligramas por Samaín

 

Menudo traballo de creación de textos fixemos no centro! Este ano polo Samaín creamos nas diferentes aulas un caligrama de medo, e agora toca desfrutar coa exposición do traballo feito. Parabéns! Pincha na imaxe para acceder.

As mochilas viaxeiras xa empezaron a viaxar!

O pasado venres 23 celebramos o día das Bibliotecas, e a nosa mascota Chisco foi repartindo polas aulas as mochilas viaxeiras e os carnés. Ademais, vimos os vídeos que fixeron os Chiscoaxudantes. Fixo ilusión tanto a maiores como a pequenos!

 
   

Novidades

Aquí tendes algunhas das novidades que chegaron á biblioteca de Chisco xusto antes da pandemia. 

Relacionados co pensamento lóxico e matemático, da gran mestra Antonia Canals:

 

Para reflexionar acerca das pedagoxías e introducir aspectos tan importantes como o traballo das emocións e o teatro:

 

Relacionado co desenvolvemento do cerebro:

En relación coa natureza e coa necesidade dun ambiente amable:

 

 

 

 

Celebración do día das Bibliotecas Escolares: conto "O tesouro da escola"

Para celebrar o Día das Bibliotecas, os chiscoaxudantes (alumnado de 5 de primaria) cóntannos o conto de "O tesouro da escola", relacionado coa arquitectura.

Grazas polo voso traballo!

Celebración do día das Bibliotecas Escolares: coñecemos as novas normas da biblioteca.

Atención aos Chiscoaxudantes! Non vos perdades as normas e a organización da biblioteca desde curso escolar.