INAUGURACIÓN DA CHISCOBIBLIOTECA

Ola rapaces e rapazas de Randufe!

Por fin chegou o día de apertura da nosa Biblioteca!

 

 Mañá, 23 de outubro, celebraremos o Día das Bibliotecas Escolares, cuxo lema para este curso é “Xeografías lectoras na Biblioteca”

 

Cales son os teus gustos lectores? Que tipo de libros adoitas escoller? Gústanche máis as historias de ficción ou os libros de Ciencia; a poesía ou o teatro...?

Cando te adentras na Biblioteca TI PODES ELIXIR!!

A través dos libros podes… viaxar polo mundo, explorar diferentes paisaxes, investigar sobre temas do teu interese…   podes disfrutar e comprender mellor o noso mundo e o mundo dos outros… aprender moitiiiiísimo!

Prepárate a ler  en diferentes formatos e soportes tanto  textos como imaxes; imaxes fixas e en movemento; gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada…

Coma todos os anos Chisco dávos a benvida! Por certo, non vos perdades o vídeo que prepararon os compañeir@s de 5º  para explicar as novas NORMAS  para este curso e tamén o novo PROXECTO que temos preparado É fantástico!

 

 

 

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS DE MEDO

Achegámosvos unha recompilación dalgún dos libros que temos na nosa biblioteca relacionados coa temática do medo. Ademais, completamos este recurso con contos, curtas e cancións. Pinchade na imaxe para acceder. Que tremades do medo!

 

BÚSCANSE CHISCOAXUDANTES

Chisco precisa a vosa axuda!!  Entre as novas normas, os libros que non paran de chegar e todo o que ten que desinfectar, non pode máis. Poderán presentarse a Chiscoaxudantes o alumnado da aula de 5º de Educación Primaria, avisando a súa titora ou a Estrella. 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

Chisco entrega os diplomas e mochilas ao voluntariado do curso pasado

A semana pasada Chisco estivo a repartir entre o alumnado de 6º os diplomas e as mochilas viaxeiras por ter participado nas actividades de voluntariado o ano pasado. Moitas grazas pola vosa entrega!

50 ANOS DA BIBLIOTECA DE TUI

A biblioteca de Tui está de aniversario! Xa van 50. Pincha na imaxe para acceder ás múltiples actividades que teñen pensadas para esta celebración. Aínda non tes o teu carnet da biblioteca pública? Non o dubides e faino: é gratuíto e poderás acceder a gran cantidade de libros! Ademais, este carné é válido para todas as bibliotecas públicas de Galicia e incluso poderás facer empréstitos dixitais a través da plataforma Galicia Le.

Benvidos/as ao novo curso escolar!

 

 

Ola rapazolas e rapazolos de Randufe!

Teño moitas gañas de vervos. Para aqueles que non me coñezades son Chisco, a mascota da biblioteca. Encárgome de coidar dela cando ninguén está e gústame ver como usades os libros para aprender e para divertirvos. Encántame que os coidedes con tanto agarimo!

Este ano a volta ao cole será un pouco estraña porque haberá moitas novidades, pero xa veredes, unha vez que saibamos as normas, todo será máis sinxelo. 

Ímolo pasar en grande. Benvidos e benvidas a unha nova aventura!