Un ano máis, chegadas estas datas, tivemos na nosa escola o "Cine polo Nadal", pero nesta ocasión, por segundo ano consecutivo, cun formato diferente debido á pandemia. Cada curso visionou na súa aula unha película...e sen flocos de millo.
Para conseguir as entradas para o cine, tivemos que superar diferentes probas, como, por exemplo, buscar as pezas agochadas pola clase para formar a figura do Apalpador.
Pero, sabedes o mellor? Sabedes quen veu visitarnos? O mesmiño Apalpador xunto co Pandigueiro. Si, lestes ben. Cos seus contos e historias fixéronnos pasar uns bos momentos. Esperamos que volvan noutra ocasión.